4 de mar. de 2019

IGUALDADE.

MANIFESTACIÓN UNITARIA: 3 DE MARZO, LUGO


 Representantes da Asemblea Galegas 8M na rolda de prensa celebrada goxe en Vigo
Foto: Galegas 8M

Galegas 8M / Galiza

 Fomos máis de 10.000 mulleres que na xornada de loita de onte saimos a rúa para convocar unha nova folga de mulleres o día 8 de marzo. Esta folga está encadrada dentro do paro internacional de mulleres que xorde do traballo conxunto das mulleres polacas e latinoamericanas. Este ano mulleres de máis de 57 países do mundo estaremos na rúa mobilizándonos e por transformar a vida de todas, por unha sociedade xusta e unha vida digna. 

 Topámonos cheas de forza, enerxía e ánimos porque onte Lugo tremeu, a cidade enteira encheuse de mulleres bravas, berrando polos seus dereitos, polos dereitos de todas. 

 Chegou a Lugo a revolta feminista, e recollendo ese sentir de Lugo, o chamado que onte todas fixemos a secundar a folga de mulleres do día 8 de marzo, voltamos as nosas cidades, as nosas Vilas e as nosas aldeas, para traballar e organizar un 8 de marzo histórico, que supere, se é posible a convocatoria do ano 2018. 

 Comezaba o manifesto de onte lembrando que todas somos necesarias, na nosa diversidade e coa nosa voz. Lembrámonos das revoltas de mulleres que hai 100 anos, marzo de 1918, tiveron lugar no nosos pais polo pan, pola terra e pola vida digna berrando “Temos fame, abaixo acaparadores”, recollemos o seu sentir, organizamos unha revolta, unha revolta que xa está na rúa e é imparable.

FOLGA DO 8 DE MARZO 

 Este 8 de marzo, partindo dunha análise das nosas condición de Vida e é por iso que a nosa Folga non se limita a folga laboral, articulamos a folga en 4 eixos: 

· FOLGA LABORAL 
· FOLGA DE CONSUMO 
· FOLGA DE COIDADOS 
· FOLGA ESTUDANTIL 

 Queremos construír: 

· Un mundo no que a riqueza colectiva redunde no beneficio da mellora de vida de todas, especialmente das máis vulnerábeis. 

· Un modelo económico que coloque o dereito a unha vida digna no centro da axenda política e o seu sustento na responsabilidade da sociedade no seu conxunto.

· Unha sociedade xuts na que todas as persoas teñamos os memso dereitos.

· Unha vida libre de violencias, de todo tipo de violencias.

PORQUÉ LOITAMOS/ FACEMOS FOLGA DE MULLERES? 

 As mulleres galegas organizadas na asemblea Galegas 8M volvemos a convocar á folga de mulleres este 8 de Marzo sumándonos asi ao Paro Internacional de Mulleres xurdido do traballo conxunto das compañeiras polacas e latinoamericanas en 2017. Este ano mulleres de máis de 57 países do mundo estaremos na rúa mobilizándonos polos dereitos e por transformar a vida de todas. 

 Esta convocatoria internacional que facemos nosa permítenos traballar colectivamente na análise das nosas condicións de vida e nas necesidades e demandas que temos para unha sociedade que continúa colocándonos nun papel secundario, lugar ao que relega o sustento dunha vida que cada día é máis difícil vivir e á que cada vez se lle dá menos valor. 

 As mulleres galegas chamamos a unha folga de coidados, laboral, estudiantil e de consumo este 8 de Marzo no noso país para construír: 

• Un mundo no que a riqueza colectiva redunde en beneficio da mellora da vida de todas, especialmente das máis vulnerábeis.

 • Un modelo económico que coloque o dereito a unha vida digna no centro da axenda política e o seu sustento na responsabilidade da sociedade no seu conxunto. 

• Unha sociedade xusta na que todas as persoas teñamos os mesmos dereitos. 

• Unha vida libre de violencias, de todo tipo de violencias. 
 
 Para reivindicarmos un presente e un futuro diferentes para as mulleres galegas e do mundo, o feminismo galego organizado na Asemblea Nacional deste 8M chamamos á sociedade galega a secundar a FOLGA de MULLERES deste 8 de marzo e acudir á manifestación nacional que terá lugar o domingo 3 de marzo en Lugo. E chamamos ás mulleres galegas a sumarse á folga do dia 8 de marzo enchendo as convocatorias de mobilizacións locais das nosas cidades e vilas.

PAPEL DOS HOMES NA FOLGA? 

A greve é das mulleres. 

 O día 8 de Marzo, os homes asalariados deberán acudir aos centros de traballo para colaborar coas mulleres para que vaian á folga e ás mobilizacións que se convoquen durante a xornada, ficando o protagonismo en exclusiva ás mulleres tanto na axitación previa do 8 como no desenvolvemento da convocatoria o propio día. 

 A participación que as mulleres demandamos aos homes nesta xornada: 

1. Realizar as tarefas de coidados (crianza, alimentación, doméstico, maiores) durante todo o día impedindo que estas fiquen pendentes e dupliquen o traballo das mulleres os días seguintes á greve. Asumindo a sobrecarga e a dupla ou tripla xornada que habitualmente realizamos as mulleres. Non fai falla ter lazos familiares para realizar estas tarefas, tamén tes amigas, compañeiras de traballo e veciñas. 
2. Difundir e apoiar as convocatorias de greve e mobilizacións. 
3. NON facer folga nen paros. 
4. Facilitar que as mulleres acudan á greve. 
5. Visibilizar a greve de mulleres nos postos de traballo.
6. Aportar económicamente a un peto de resistencia no traballo para axudar ás compañeiras que vaian á folga.

Dar todo o protagonismo nos espazos públicos e privados ás mulleresacompañando a loita feminista neste 8M. 

ACTIVIDADES GALEGAS8M EN VIGO 
 Desde Galegas8m levamos meses traballando a reo, con sonoridade e conxuntamente para que a folga deste ano sexa un éxito rotundo. 

 Organizamos faladoiros polos barrios da cidade, desde Coia, ao calvario, teis, Torrecedeira, Coruxo,... 

 Todos eles con moita particiación o que nos enche de forza para continuar traballando. Alén destes encontros nos barrios, foron moitas actividades organizadas desde galefgas 8m, repartor de propagamnda, obradoiros de traballo, batucada feminista, asembelas abertas e accións de rúa, como a realizada o pasado mércores en príncipe. 

 Chamamos tamén a todas as mulleres a pendurar os mandís das súa xanelas desde o día 28 de febreiro, en apoio a folga e a manifestación que tivo lugar onte en Lugo.

  Comezamos esta semana cheas de forza convocándovos aquí a todos os medios de comunicación para achegar as nosas actividades e chamar a folga do día 8 a todas as mulleres da nosa comarca. 

 Alén da folga, esta semana continuamos coa nosa actividade na rúa e nos barrios, e pasamos a difundir as seguintes actividades que temos programadas para esta semana: 

· Pasarúas coa participación da batucada o martes 5 de marzo, ás 19hrs. dende a Praza 8 de marzo deica á Praza de América. 

· Visionado ‘What Happened, Miss Simone` o xoves 7 de marzo, ás 20:00hrs, na Cova dos Ratos, Romil 3 

· Concentración no Marco, o venres 8 de marzo, ás 12h 

· Manifestación o 8m ás 20hrs. dende a Praza dos Cabalos ata a Porta do Sol.

SOBRE GALEGAS 8M 

 A Asemblea Galegas 8M xorde a finais do ano 2017 da necesidade de repensar o 8 de marzo en clave galega, diversa, inclusiva e horizontal. Con estes obxectivos, e a través de convocatorias e xuntanzas abertas nas distintas cidades e vilas de todo o país, diversos colectivos feministas e mulleres individuais de toda Galiza tecimos a rede e comezamos a traballar na organización da Manifestación nacional do Día das Mulleres do 2018, que tivo lugar en Vigo o 4 de marzo. 

 Este 2019, o feminismo galego agrupado na asemblea de Galegas8M volve amosar a súa capacidade de traballo e de consenso propoñendo de novo a itinerancia da manifestación unitaria, que se celebrará en Lugo o 3 de marzo. 

 Un dos sinais de identidade do colectivo, o da diversidade e a descentralización do movemento feminista, quedou reflectido na creación de máis dunha dúcia de asembleas locais e comarcais, agrupadas baixo o paraugas de Galegas8M, que traballaron de xeito autónomo na organización das convocatorias do 8 de marzo en cada localidade. 

 Galegas 8M non somos só as mulleres que nacimos nesta terra: somos todas as que estamos vinculadas a ela dun xeito ou doutro, todas as que a sentimos como propia, todas as que vivimos, traballamos e transitamos nela, e por iso todas temos o mesmo nivel de participación e decisión.

Ningún comentario:

Publicar un comentario