21 de mar. de 2019

GONDOMAR

Proxección do documental A luz do negro de Encarna Otero sobre o traballo na mina de Fontao

O acto terá lugar o venres 29 de marzo ás 20:30H, na Aula de Cultura Ponte de Rosas


IEM / Gondomar

 O venres 29 de marzo ás 20:30H o IEM proxectará A luz do negro, un documental de Encarna Otero sobre o traballo na mina de Fontao.  

 Será presentado por Diego Casal Ramos, enxeñeiro de minas e membro do Comité de Patrimonio da Cámara Oficial Mineira de Galicia. 

 Ao finalizar a proxección haberá un coloquio con Encarna Otero.   

 O acto terá lugar na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Gondomar.

A luz do negro. O wolframio da Brea e o poboado de Fontao   

A LUZ DO NEGRO  (España, 2014)  

Dirección e guión: Encarna Otero.  
Realización: Beatriz Pérez e Manuel Gago. 
Produción: Consello da Cultura Galega.  
Fotografía: Teresa Navarro.  
Duración: 33 minutos.   

 No ano 1939, a Brea era unha das grandes minas de volframio activas a nivel mundial. Axentes aliados e alemáns releaban pola compra do "ouro negro", do mineral estratéxico para o armamento da II Guerra Mundial. Isto xera unha febre mineira que ocupou miles de homes e mulleres na súa procura. A construción do poboado mineiro do Fontao na década dos cincuenta do século XX e o feito de que a actividade mineira da Brea, aínda que se vai reducindo paulatinamente, se prolongue ata a década dos sesenta fan deste territorio da Brea unha fonte rica de testemuñas, de mulleres que coa súa memoria nos achegan a realidade da vida na mina, a amosaren particularidades concretas e ben diferentes do que vivían moitas outras na Galiza dos escuros anos corenta, anos de represión, fame, miseria, anos de tanta dor. Con A luz do negro, perséguese que as testemuñas alumeen un mundo, o da minaría, onde as mulleres sempre fican agochadas. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario