21 de mar. de 2019

CULTURA

Valentín García participa na apertura da iniciativa 'Poesía a bocados'


O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou hoxe na Praza de Abastos compostelá na apertura da iniciativa Poesía a bocados
Foto: X. G.

Infogauda / Santiago de Compostela
 
 O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou hoxe na Praza de Abastos compostelá na apertura da iniciativa Poesía a bocados, que ten por obxectivo celebrar o Día Internacional da Poesía.

 Esta actuación, que se realiza por primeira vez en Galicia, busca a posta en valor dos produtos alimentrios galegos a través do contraste con outro elemento cultural como é a poesía, que está na raíz da cultura galega. En definitiva, trátase de maridar dun xeito festivo os praceres da boa mesa e dos produtos galegos de calidade co mellor da poesía en lingua galega, a través dos autores que cantaron aos alimentos e os praceres gastronómicos de Galicia. Un xeito de mercadotecnia emocional dirixido a xerar novos vínculos cos consumidores e consumidoras que se enmarca nas accións de desenvolvemento do Plan de dinamización da lingua galega no tecido socioeconómico 2016-2020 impulsado pola Xunta de Galicia. Poesía a bocados repartirá, de xoves a sábado, entre a clientela do mercado compostelán, diverso material gráfico coa imaxe da campaña, como bolsas de papel, adhesivos para os conxeladores, imáns e folletos con poemas de Rosalía, Bernardino Graña, Curros Enríquez, Manuel María ou Otero Pedrayo nos que a inspiración dos vates provén da exaltación de diversos produtos e pratos galegos: xamón, viño, caldo, filloas etc.

Ningún comentario:

Publicar un comentario