Galicia Calidade certifica a planta ornamental producida pola Asociación de Viveiristas do Noroeste
A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, fixo entrega dos distintivos de calidade a Asvinor e a nove viveiros que poderán utilizar o certificado de garantía
Trátase dunha certificación pioneira en España que lle permitirá a este produto galego posicionarse nos mercados nacionais e internacionais
Para cumprir todos os requisitos o sector vén de aprobar a Norma de calidade “Pranta Ornamental de Galicia”
A Consellería de Economía, Emprego e
Industria, a través de Galicia Calidade, fixo entrega hoxe do
certificado de calidade á Asociación de Viveiristas do Noroeste
(Asvinor)
Foto: X. G.
Infogauda / Galicia
A Consellería de Economía, Emprego e
Industria, a través de Galicia Calidade, fixo entrega hoxe do
certificado de calidade á Asociación de Viveiristas do Noroeste
(Asvinor) para o seu uso na distinción da planta ornamental de Galicia. A
directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, e o xerente de
Galicia Calidade, Alfonso Cabaleiro, foron os encargados de entregar o
distintivo a nove viveiros galegos durante a celebración da feira Arco
Verde, no recinto feiral de Amio, e que este ano cumpre o seu décimo
aniversario.
Para a certificación deste viveiros Galicia Calidade
impulsou xunto con Asvinor, a Fundación Juana de Vega e Agaexar
(Asociación de Empresas de Xardinería) a norma de calidade “Pranta
Ornamental de Galicia”, unha iniciativa pioneira en España e que
permitirá diferenciar un produto dunha calidade tan contrastada e
recoñecida nos mercados nacionais e internacionais como é a pranta
ornamental galega.
Esta norma pretende homoxeneixar a planta
producida en distintos viveiros da comunidade, establecendo un catálogo
de producións, incluíndo as producións nas bases de construción e
arquitectura da paisaxe e establecendo o distintivo “Planta de Galicia”,
que irá acompañado da marca Galicia Calidade.
Entre os viveiros
que poderán lucir o distintivo atópanse cinco na provincia da Coruña:
Anselmo Lamigueiro Merino, de Viveiros Lamigueiro (Carral), Hortival
Narón, Viveros Leboreo (Carballo), Estela Orvi (Teo) e Xardín Senra
(Santiago de Compostela). Dous viveiros atópanse na provincia de Lugo:
Viveros Cabaleiros (Lourenzá) e Viveros Costa de Lóngaras (Abadín), e
outros dous en Pontevedra: Viveros San Campio (Tomiño) e Estelas da
Terra (A Estrada). Galicia Calidade conta así na actualidade con máis de
350 produtos e servizos dun total de 107 empresas certificadas.
Segundo
indicou a directora xeral, esta entrega é froito do traballo realizado
entre a Consellería e o sector nos últimos dous anos para establecer os
requisitos necesarios para a certificación dun produto dunha calidade
recoñecida e valorada polos consumidores. A creación da norma “Planta
Ornamental de Galicia” supón un avance na modernización e
internacionalización deste sector.
Ningún comentario:
Publicar un comentario