O alumnado do CRA de Tomiño homenaxea ás mulleres
Cunha instalación artística baseada na obra “Over the continents” da artista xaponesa Chiaru Shiotta
A montaxe poderá verse no 1º andar do mercado, entre os días 7 e 21 de marzo
A artista xaponesa Chiaru Shiotta e súa instalación “Over the continents”
Foto: C. T.
Infogauda / Tomiño
Co fin de conmemorar o Día da Muller, o vindeiro 8 de marzo, o equipo da Biblioteca do CRA (Colexio Rural Agrupado) Mestre Manuel Garcés, de Tomiño, prepara unha instalación artística, que poderá verse no primeiro andar do mercado municipal, entre os días 7 e 21 de marzo.
“Queremos facer unha homenaxe a todas as mulleres do noso alumnado”, explican dende a biblioteca do centro.
Trátase dunha montaxe baseada na obra “Over the continents” da artista xaponesa Chiaru Shiotta.
Cada nena/o achegará un zapato dunha muller da súa familia e unha fotografía da dona do calzado, desempeñando a súa profesión ou oficio. “Todas son válidas, dende a da ama de casa até a da panadeira, costureira ou farmacéutica”, sinala Antón de Valenzuela, director do CRA. Segundo el, o que perseguen dende a institución é “poñer en valor o papel da muller, tomando coma referencia as mulleres máis importantes da vida dos nosos estudantes, e tecer así, unha rede de mulleres valorosas da nosa contorna”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario