A Unión Europea financiará 35 novos proxectos de cooperación transfronteiriza entre Galicia e o Norte de Portugal
Galicia volve ser a Comunidade máis beneficiada de toda a fronteira, cun investimento de 41 millóns de euros
O
director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús
Gamallo, asistiu hoxe á reunión do Comité de Xestión do Programa
Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal
Foto: X.G.
Infogauda / Madrid
O director xeral de Relacións Exteriores
e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, asistiu este xoves en Madrid á
reunión do comité de xestión do Programa Operativo de Cooperación
Transfronteiriza España-Portugal. Este programa financia proxectos de
catro eixes prioritarios que se dirixen ao impulso da innovación, ao
fomento da competitividade empresarial, á prevención de riscos e á
mellora da xestión dos recursos naturais, á mellora da capacidade
institucional e á eficiencia da administración pública.
Galicia
segue sendo a rexión más activa xa que participa no 37,5% das
candidaturas presentadas: das 285 candidaturas admitidas, en 107 había
socios galegos. En total, aprobáronse 97 candidaturas ao longo de toda a
fronteira hispano portuguesa, cun investimento total de 112,2 millóns
de euros. Os 35 proxectos aprobados que contan con socios galegos
representan un investimento de 41,12 millóns de euros, en concreto 27,78
millóns en proxectos de Galicia co Norte de Portugal e 13,34 millóns en
proxectos de Galicia con outras rexións da fronteira.
A Xunta de
Galicia participa directamente como socio en 17 dos proxectos
concedidos, que suman un investimento total de 21,74 millóns de euros.
Entre os proxectos con socios galegos, abórdanse cuestións tales como a
creación dunha rede de emprendemento baseada nos centros de fabricación
dixital, a implantación de solucións tecnolóxicas punteiras que
respondan aos desafíos da Industria 4.0 na automoción ou o impulso da
actividade no entorno dos portos de Eurorrexión. Tamén se falou de
impulsar o aproveitamento sostible do Camiño de Santiago como recurso
patrimonial cultural e natural transfronteirizo capaz de xerar
actividades turísticas e económicas, e de dar continuidade ao programa
de mobilidade Iacobus que xa tivo o apoio da primeira convocatoria do
Poctep.
Ningún comentario:
Publicar un comentario