28 de mar. de 2019

CULTURA

O director da Agadic participa na presentación do 15º Festival Internacional Play-Doc de Tui


Ángel Sánchez, Jacobo Sutil, Carlos Vázquez Padín e Beli Martínez
Foto: X.G. 

Infogauda / Tui

 O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, participou hoxe na presentación da décimo quinta edición do Festival Internacional Play-Doc, que se desenvolverá en Tui do 3 ao 7 de abril con proxeccións, actividades formativas, musicais e encontros profesionais arredor do xénero documental. Na rolda de prensa celebrada no Teatro Municipal tudense, sede principal do festival, participaron tamén o alcalde, Carlos Vázquez Padín, o codirector do Play-Doc, Ángel Sánchez, e Beli Martínez, responsable da sección Panorama Galicia.

 O responsable da Agadic valorou de xeito moi positivo os contidos de Play-Doc, que este ano lle dedica monográficos ao actor do Hollywood dos 50 Sterling Hayden e ao cineasta filipino de culto Kidlat Tahimik. Destacou especialmente a inclusión na carteleira de obras de realizadores galegos, tales como Arancha Brandón, Iria Sanjurjo, Eloy Domínguez Serén, Alexandre Cancelo, David Varela ou Adrián Canoura.

Ningún comentario:

Publicar un comentario