Simulacro de emerxencias internacional no río Miño
· O GES de A Guarda participou nel, xunto con outros efectivos de España e de Portugal
O helicóptero Pesca I nun dos intres do simulacro de emerxencias internacional, esta mañá no río Miño
Fotos: C.A.G.
Infogauda / Camposancos (A Guarda)
Galicia mostrou este venres a súa aposta pola cooperación fronteiriza entre entidades de protección civil e rescate nas augas do tramo internacional do río Miño. A través dun simulacro de accidente entre unha aeronave e o transbordador entre Caminha e A Guarda, probáronse as melloras nas accións de rescate na que estiveron involucrados o Concelho de Caminha, o Exército do Aire, a Garda Civil, os Bombeiros e o Servizo de Gardacostas de Galicia, un operativo do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de A Guarda, Guarda Nacional Republicana (GNR), Protección Civil, Capitanía do Porto de Caminha, Associação Humanitária dos Bombeiros Voluntários de Caminha, helicóptero Pesca 1, un hidroavión, entre outros.
O simulacro de emerxencias internacional foi desenvolto no marco do proxecto denominado Asistencia Recíproca Interrexional de Emerxencias (ARIEM 112) - do cal a Comunidade Autónoma de Galicia forma parte, a través da Axencia Galega de Emerxencias -, con medios de emerxencias galegos e portugueses.
No simulacro participaron o xerente da Axencia Galega de Emerxencias (Axega), Marcos Araújo, e o subdirector xeral do Servizo de Gardacostas de Galicia, Lino Sexto.
Outro obxectivo deste exercicio, foi comprobar que todas as cadeas de traballo, humanas e materiais, operasen con total coordinación. O resultado foi positivo por parte de todos os axentes participantes. Este xoves os equipos de mergullo realizaron un adestramento previo que implicou á Policía Marítima, á Armada Española, á Garda Civil e a integrantes de bombeiros de Caminha, O Porriño e A Guarda.
Este exercicio idease cunha lóxica territorial, onde os medios e as operacións danse cunha perspectiva de colaboración interrexional, compartindo os actores implicados, o seu coñecemento do terreo e os medios cos que traballan.
Este simulacro dá paso a un escenario de repartición de esforzos e recursos entre as dúas rexións. Ademais, sae fortalecido o vínculo e a unión entre todas as organizacións implicadas.

Ao longo da mañá os efectivos de emerxencias despregados realizaron un simulacro de incendio no ferry boat, no tramo internacional do río Miño, entre Caminha (Portugal) e Camposancos (A Guarda - Galicia), participando na extinción do lume e evacuación de feridos. Un dos efectivos do GES de A Guarda foi evacuado no helicóptero Pesca 1 dende o ferry boat.
O concelleiro de Emerxencias do Concello de A Guarda, Miguel Ángel Español Otero e o deputado provincial Santos Héctor Rodríguez Díaz, supervisaron dende a dársena de Caminha o transcurso deste simulacro - no cal participaron máis de 100 persoas -, valorando moi positivamente este tipo de actuacións, posto que serven de formación para os compoñentes do GES, así coma unha gran axuda para a coordinación dos diferentes medios de emerxencias na zona transfronteiriza do Río Miño.
Ningún comentario:
Publicar un comentario