16 de mar. de 2019

TUI

Carme Núñez tacha de pura "propaganda eleitoral" o anuncio do PP 

De abordar a recuperación do casco histórico  de Tui   


 Carme Núñez, portavoz municipal do BNG no Concello de Tui

Infogauda / Tui

 Carme Núñez, portavoz municipal do BNG en Tui, califica de "burda propaganda eleitoral" o anuncio do PP de abordar no seu programa "a recuperación do centro histórico apoiándose no programa Rexurde da Xunta de Galiza para a compra e restauración de edificios en zonas históricas".  

 A portavoz do BNG salienta que "na propia noticia en prensa son dous dos varios candidatos da dereita tudense os que aparecen  apropiándose da idea, facendo campaña eleitoral a poucas semanas das eleccións a costa dun tema fundamental  para a veciñanza tudense".  

 "O que debera de explicar o PP de Tui, en nota de prensa, con maioría absoluta, tanto no concello de Tui, coma na Xunta, ou no seu momento no Congreso, é por que non fixo absolutamente nada para evitar o deterioro  do conxunto monumental. Máis ben todo o contrario, permitíu  e fomentou o seu abandono. Tempo tivo en preocuparse por recuperalo poidendo conseguir axudas de governos "amigos" e non o fixo. Como pretende que agora as nosas veciñas e veciños crean nas súas intencións?", apuntou a nacionalista Carme Núñez.  

 "En canto ao señor Padín, xa sabemos que se apunta a calqueira "bombardeo" con tal de ser protagonista e de saír na foto. Mais non hai ego que poida tapar o feito de non ter concelleira de urbanismo nun concello como o de Tui que precisa tanto o seu traballo neste departamento", salientou a portavoz municipal do BNG.  

 "Tivemos que ser nós, durante o o governo municipal anterior, desde a Concellaría de Patrimonio, as que rescatamos e comezamos a por en valor o conxunto histórico tudense ante a ineptitude de sucesivos governos do PP", afirma Carme Núñez.

Ningún comentario:

Publicar un comentario