2 de mar. de 2019

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

NOVAS PLANTACIÓNS DE ÁRBORES NO MONTE SANTA TREGA

PROMOVIDA POLA COMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS EN MÁN COMÚN DA PARROQUIA DE CAMPOSANCOS 

· Profesores e alumnos dos centros educativos de A Guarda están colaborando na reforestación con especies nobles  


Baró, comuneiro de Camposancos axudando ás alumnas do colexio As Solanas, na plantación

 O profesorado levou o alumnado á aula aberta de Chans
Fotos: Lucía Martínez Diz / José Fernando Martínez Martínez

Infogauda / Camposancos

 A Comunidade de Montes Veciñais en Mán común da parroquia de Camposancos, en colaboración co Concello de A Guarda e a Deputación de Pontevedra, está traballando na repoboación do Monte Santa Trega.

 Segundo afirmou José Fernando Martínez Martínez, presidente da xunta reitora da devandita comunidade de montes, “esta actuación prodúcese ao abeiro do Plan Parques forestais. Nos subvencionan con 3.000 €, o concello e con 18.000 €, a Deputación de Pontevedra, para plantar 1.300 árbores, podar todas as prantacións actuais, e a eliminación de acacias.  


Un dos mestres axudando as alumnas a plantar súa árbore

Mestres e alumnos, traballando mán a mán, na horta castrexa
A labor coordinada entre persoas adultas e os máis novos tamén forma parte da educación

 Por outra banda, o presidente dos comuneiros de Camposancos salienta que “os pasados días 27 e 28 de febreiro do 2019, a Comunidade Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos en colaboración co Colexio Nicolás Gutiérrez Campo - As Solanas, de A Guarda, que enviou aos alumnos, acompañados polos mestres a plantar 140 árbores nobres mais que paso a nomear: carballos 18, sobreiras 12, aciñeiras 12, rebolos 5, oliveiras 12, castiñeiros 10, espiñeiros 18, acivros 18, xibardeiras 15, madroños 14 e loureiros 6. 

 Tamén semearon e limparon a maleza na horta castrexa do parque de Chans


As imaxes reflicten unha síntese do traballo de repoboación, desenvolvido no Monte Santa Trega


  

  O día 28 subiron os monitores e os alumnos do centro de atención especial AVELAIÑA acompañados polos  alumnos de 5º de primaria do IES A Sangriña que plantaron tamén na zoa de Chans 100 castiñeiros.   

 En días sucesivos seguiran outros colexios de A Guarda, está confirmado que os alumnos do Colexio PP. Somascos subirán o día 7 de marzo.   

 Muitas grazas.

 Seguimos plantando futuro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario