A Xunta de Galicia convoca este luns no DOG as oposicións para cubrir 269 prazas no servizo de defensa contra incendios, as primeiras desde 2006
114 prazas serán para bombeiro forestal, 80 para bombeiro forestal-condutor de motobomba e 75 para emisoristas-vixiantes
O prazo para anotarse nestas oposicións será de 20 días hábiles a partir do martes
A Consellería de Facenda agarda unha participación masiva nestas probas, que se celebrarán no Recinto Feiral de Silleda
Infogauda / Galicia
A Xunta de Galicia convocará mañá luns no Diario Oficial de Galicia
(DOG) as oposicións para cubrir 269 prazas no Servizo de Prevención e
Defensa contra Incendios Forestais da Administración galega, as
primeiras probas que se celebran para este servizo desde o ano 2006. En
concreto, a Xunta realizará convocatorias para tres categorías
distintas: 114 prazas de bombeiro forestal, 80 prazas de bombeiro
forestal-condutor de motobomba, e 75 prazas de emisoristas-vixiantes.
O proceso selectivo realizarase a través do sistema de concurso-oposición, polo que se terán en conta os méritos de cada persoa, e a titulación académica requirida para poder participar nestas oposicións será o título de ESO ou equivalente. Ademais, as persoas que aspiren a unha praza de bombeiro forestal-condutor motobomba deberán ter o carné de conducir C e B; e para unha praza de bombeiro forestal é preciso o carné de conducir B.
O proceso selectivo realizarase a través do sistema de concurso-oposición, polo que se terán en conta os méritos de cada persoa, e a titulación académica requirida para poder participar nestas oposicións será o título de ESO ou equivalente. Ademais, as persoas que aspiren a unha praza de bombeiro forestal-condutor motobomba deberán ter o carné de conducir C e B; e para unha praza de bombeiro forestal é preciso o carné de conducir B.
O DOG deste luns recollerá esta
convocatoria, na que se reservan 66 prazas para seren cubertas pola
quenda de promoción interna, pero no caso de non seren cubertas,
acumularanse ás de acceso libre. Ademais, do total das prazas
convocadas, reservaranse cinco para ser cubertas por persoas con
discapacidade cun grao igual ou superior ao 33%, e se quedan desertas
tamén se acumularán ás de acceso xeral. En todo caso, os participantes
deberán ter cumpridos os 16 anos e non exceder a idade máxima de
xubilación forzosa.
As persoas interesadas en participar no
proceso selectivo terán que facelo constar no modelo de solicitude que
se facilita gratuitamente na Internet, e aboar a taxa que estea vixente
no momento de presentala. O prazo para formalizar as solicitudes será de
20 días hábiles, que se contarán a partir do seguinte á convocatoria no
DOG.
Como no caso da convocatoria das oposicións de auxiliares de
clínica –publicada no DOG o pasado 25 de febreiro-, a Consellería de
Facenda agarda tamén unha participación masiva nestas probas, tanto polo
importante volume de prazas ofertadas como polos anos que levaba sen
realizarse unha convocatoria no Servizo de Defensa contra Incendios. De
feito, a previsión do Goberno galego é realizar estas probas no Recinto
Feiral de Silleda (Pontevedra), xa que cumpre os requisitos de
capacidade, centralidade e seguridade.
Tipo de probas
O
concurso-oposición constará de dúas probas e unha terceira para
evidenciar o coñecemento da lingua galega, e da que quedarán exentas de
realizala aquelas persoas que acrediten estar en posesión do certificado
Celga 3 ou equivalente. Todos estes exercicios serán eliminatorios e
obrigatorios.
O primeiro exercicio consistirá en contestar por
escrito a un cuestionario de 80 preguntas tipo test, e a realización
deste exercicio non terá lugar antes dos sete meses posteriores a data
de publicación desta convocatoria no DOG.
O segundo exercicio, no
caso das especialidades de bombeiro forestal-condutor motobomba e
bombeiro forestal, consistirá na realización da proba física Field Test,
na que as persoas aspirantes terán que camiñar 3.200 metros sobre
terreo plano cun peso de 11 quilogramos ás costas, nun tempo máximo de
30 minutos. Na especialidade de emisorista-vixiante, este segundo
exercicio consistirá na superación dunha proba na que se examinará a
agudeza visual lonxana en ambos os dous ollos, así como da visión
cromática.
Ningún comentario:
Publicar un comentario