Portos de Galicia ultima a colaboración coa organización do XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais impulsado por Culturmar
O presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, reuniuse con membros da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, Culturmar; da Confraría de Pescadores Santa Tecla e da Asociación Cultural de Embarcacions Tradicionais Piueiro
Foto: X.G.
Infogauda / A Guarda
O presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, ven de manter unha reunión de traballo coa Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, Culturmar, para ultimar a colaboración de ambas entidades de cara á celebración do XVI Encontro de Embarcacións Tradicionais que o colectivo organizará no porto de A Guarda o vindeiro mes de xullo.
Na reunión participaron tamén a Confraría de Pescadores Santa Tecla, de A Guarda, e membros da Asociación Cultural de Embarcacions Tradicionais Piueiro, colectivo local de recuperación e impulso do patrimonio etnográfico marítimo. Deste xeito, Portos de Galicia pretende establecer sinerxias entre todos os colectivos e potenciar os beneficios que este encontro pode xerar para o peirao guardés.
O encontro celebrarase no peirao de A Guarda entre o 11 e o 14 de xullo de 2019, e contará coa presenza de máis de 150 embarcacións tradicionais chegadas de diversos países europeos. O obxectivo desta actividade é a difusión do patrimonio cultural marítimo e nesta liña se centrará a colaboración de Portos de Galicia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario