O proxecto «Memi, una gota de aire» foi presentado hoxe na nosa vila
Unha representante da Fundación Igual Arte de Vigo foi a encargada de explicar aos máis cativos como é o funcionamento e as características principais do proxecto
Fotos: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
Unha representante da Fundación Igual Arte de Vigo foi a encargada de explicar aos máis cativos como é o funcionamento e as características principais do proxecto
Fotos: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
Este venres día 15 de marzo de 2019, o salón de plenos da antiga Casa do Concello de A Guarda acolleu a presentación do proxecto «Memi, una gota de aire», contando con representantes das bibliotecas escolares da vila.
Memi é un proxecto que aúna o educativo e o creativo e onde as emocións e os soños serán o motor fundamental desta viaxe. A plataforma Memi nace co mesmo sentido que ten o nacemento dunha nova vida, o de crecer, nutrirse das achegas dos nenos, e ser unha plataforma viva coa única premisa fundamental de soñar, gozar e lembrar que cada un de nós ten o seu momento Memi e que está aí esperando a ser deliciosamente disfrutado.
Unha representante da Fundación Igual Arte de Vigo foi a encargada de explicar aos máis cativos como é o funcionamento e as características principais do proxecto.
A concelleira de Cultura, Mª Elena Baz Rodríguez e o alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz, fixeron entrega dun exemplar deste libro a cada representante das diferentes bibliotecas escolares do municipio, para que contribúan a este proxecto, que nesta edición, cos fondos recadados, axudarase ao colectivo solidario Bicos de Papel.
Ningún comentario:
Publicar un comentario