21 de mar. de 2019

A GUARDA

CICLOTURISMO

O CLUB CICLISTA GUARDÉS ORGANIZA UNHA NOVA RUTA DE CICLOTURISMO

Para o domingo día 24 de marzo, ás 9:00 horas, desde á Alameda

Infogauda / A Guarda

 O Club Ciclista Guardés organiza unha nova ruta de cicloturismo para o domingo día 24 de marzo, ás 9:00 h., desde á Alameda.

 O itinerario previsto é o seguinte: A Guarda - Tomiño - Hospital - Areas - Tomiño - O Rosal - O Morán - Fornelos - Loureza - Alto de Mavia - A Valga - Oia - A Guarda - Monte Santa Trega.

  Serán en total 88 km. de pedaleo por unha das zonas máis atractivas de Galicia, con tres subidas - Alto de Mavia - A Valga e Monte Santa Trega - cunhas altitudes aproximadas de  400, 425 e 341 metros, respectivamente, nas que os ciclistas porán a proba cadanseu estado de forma física, o tempo que comparten un domingo máis, unha mañá de deporte en boa compaña.

Ningún comentario:

Publicar un comentario