21 de mar. de 2019

TOMIÑO

O Grupo Español da Asociación Internacional de Hidrogeólogos (AIH-GE), en colaboración coa Asociación de Traídas de Augas-Coxapo, celebra o día 23 unha xornada de divulgación 

O evento ten como propósito mostrar a historia dos abastecementos de auga rurais da localidade  
 

 O principal obxectivo de COXAPO é unha auga de calidade
Foto: COXAPO

Infogauda / Tomiño

 Con motivo da celebración do Día Mundial da auga (o 22), o próximo día 23 de marzo, o Grupo Español da Asociación Internacional de Hidrogeólogos (AIH-GE), en colaboración coa Asociación de Traídas de Augas-Coxapo, celebrará unha xornada de divulgación da Hidrogeología.  

 Este evento desenvolverase baixo o título “Traidas veciñais de Tomiño: do manancial a casa”, e ten como propósito mostrar a historia dos abastecementos de auga rurais da localidade e dar a coñecer o papel que xogan as augas subterráneas, tanto desde o punto de vista climático como socio-económico. 

 O principal obxectivo de COXAPO é unha auga de calidade, polo que coñece a importancia do estudo destas augas para diagnosticar e corrixir problemas que nos axuden a coidar máis este recurso, conseguindo á súa vez un emprego sustentable e un maior coñecemento sobre este prezado líquido.  

 O día empezará ás 11:30 h no Centro Social de Estás (Tomiño), e constará de actividades gratuítas, guiadas por hidrogeólogos e abertas a todo tipo de público. Organizarase unha excursión ou itinerario hidrogeológico con visitas a mananciais da Sierra do Argallo, pondo en valor o medio natural, e onde se ofrecerán explicacións acerca de temas tan diversos como a xeoloxía, hidrogeología, aspectos sanitarios e de calidade da auga, etc.  

 A excursión culminará cunha breve proxección no Centro Social de Estás (Tomiño) a cargo de científicos, técnicos e xestores da auga de COXAPO.     

Prégase inscrición previa, escribindo unha mensaxe ao correo:hidroegodia.galicia@gmail.com ou info@coxapo.com  

Fonte: COXAPO.

Ningún comentario:

Publicar un comentario