21 de mar. de 2019

A GUARDA

O Concello incrementa os efectivos da Policía Local  


O alcalde Antonio Lomba Baz e o concelleiro delegado da Policía Local, Paulino Rodríguez González conversan na Praza do Reló, en presenza do xefe da Policía Local, Manuel Ángel González Martínez e un auxuliar da Policía Local
Fotos: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 O executivo municipal do Concello de A Guarda fixo público no día de hoxe 21 de marzo de 2019, que  ven de publicar a Oferta de Emprego Pública 2019 na que se inclúen 3 policías locais e un oficial de Policía local, 4 novos efectivos que formarán parte dos efectivos fixos deste corpo de seguridade para suplir as baixas e reforzar o cadro de persoal existente.  

 Do mesmo xeito téñense solicitado e aprobado na AGASP (Academia Galega de Seguridade Pública) 6 auxiliares de Policía Local que se incorporarán ao longo do ano como reforzo, coincidindo en activo a totalidade dos mesmos durante os meses de xullo e agosto. 

O alcalde de A Guarda e o concelleiro delegado, con efectivos da Policía Local

 Dende primeiros do mes de marzo xa se incorporaron os dous primeiros auxiliares e esta mesma semana incorpóranse dous mais, que prestarán servizo nos vindeiros 6 meses.  

 Na actualidade a Policía Local de A Guarda conta cun cadro de persoal de 5 axentes fixos, que veráse incrementado ata 9, cun reforzo de 6 auxiliares.

Ningún comentario:

Publicar un comentario