8 de feb. de 2019

TURISMO

O Camiño Portugués da Costa obxecto dunha "viaxe en familia"

· Un grupo de representantes de axencias de viaxes, tour operadores e xornalistas especializados nos Camiños de Santiago visitaron o Castro de Santa Trega na Guarda


Un grupo de representantes de axencias de viaxes, tour operadores e xornalistas especializados nos Camiños de Santiago visitaron o Castro de Santa Trega, na Guarda
Fotos: C.A.G. 

Infogauda / A Guarda

 O pasado xoves día 7 de febreiro un grupo de representantes de axencias de viaxes, tour operadores e xornalistas especializados nos Camiños de Santiago visitaron o Castro de Santa Trega, na Guarda, dentro dunha viaxe en familia enmarcada na celebración da terceira edición da Feira Fairway, que arranca xa este luns en Santiago de Compostela. 
           Os participantes na "viaxe de familia" no xacemento arqueolóxico do Monte Santa Trega       


Despois dunha viaxe dende terras portuguesas e tras cruzar o Río Miño no transbordador "Santa Rita de Cássia", o grupo chegou ata o Castro do Monte Santa Trega, na Guarda, onde foron recibidos pola técnica local de Turismo, quen realizoulles unha visita guiada polo conxunto histórico-artístico e monumental do Monte Santa Trega, que conta coa decraración de Ben de Interese Cultural (BIC), inigualable enclave - dos máis visitados de Galicia -, que espertou a admiración e o interese de moitos deles, marabillados polas fermosas vistas panorámicas e unha paisaxe “de encanto”. 

 O Camiño Portugués da Costa será un dos principais atractivos do III Forum do Camiño de Santiago “Fairway” no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia, onde se realizarán multitude de actividades entorno aos Camiños de Santiago, con congresos, obradoiros e importantes reunións para potenciar o Camiño de Santiago, nas que tamén estará presente o Concello de A Guarda.

Ningún comentario:

Publicar un comentario