27 de feb. de 2019

TOMIÑO / VILA NOVA DE CERVEIRA

Douscentos participantes nas actividades deportivas transfronteirizas 

As opcións do programa “Deporte para todas as persoas” son piscina en familia, actividades para maiores de 55 anos e práctica de diversas modalidades en parroquias de Tomiño e IPSS de Cerveira  


 Usuarios da piscina de Vila Nova de Cerveira
Foto: C. T.

Infogauda / Tomiño / Vila Nova de Cerveira

 Duascentas persoas participan no programa transfronteirizo “Deporte para todas as persoas”, promovido pola Eurocidade Cerveira-Tomiño, con actividades deportivas gratuítas que se levan a cabo en espazos dos dous concellos, até final de ano.  

 As opcións incluídas neste programa son piscina en familia, actividades para maiores de 55 anos e práctica de diversas modalidades deportivas en parroquias de Tomiño e IPSS de Cerveira. Dentro de esta última opción, estas semanas puxéronse en marcha novos grupos nas parroquias tomiñesas de Tebra e Sobrada.  

 As actividades deportivas estarán en marcha ata o mes de novembro, con parada estival en agosto. Prévese que o programa acolla tamén unha andaina e un evento polideportivo.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario