27 de feb. de 2019

TOMIÑO

O Concello de Tomiño formou 15 auxiliares socio-sanitarios para ampliar o Servizo de Axuda no Fogar 

No curso, de 140 horas de duración, participaron tanto persoas desempregadas, como traballadoras en activo e familiares de dependentes  


A alcaldesa Sandra González e a concelleira de Benestar Social,Cristina Martínez,  coas alumnas e alumnos que fixeron o curso
Foto: C. T.

Infogauda / Tomiño
  O alumnado do curso gratuíto de auxiliar socio-sanitario, organizado co fin de mellorar o Servizo de Axuda no Fogar, ven de recoller o correspondente diploma.

 A alcaldesa, Sandra González, acompañada pola concelleira de Benestar Social, Cristina Martínez, fixo entrega dos diplomas, tras ter o alumnado rematado o curso. Trátase dunha acción formativa, de balde e cun compromiso de contratación de polo menos o 40% dos participantes, denominado “O servizo de axuda no fogar e a excelencia profesional”, e organizado en colaboración coa empresa “Idades S.L.”, especializada na prestación de servizos de atención socio-sanitaria. Na acción formativa, de 140 horas de duración, participaron tanto persoas desempregadas, como traballadoras en activo e familiares de dependentes. 

 Das 140 horas totais de formación, 100 adicáronse a prácticas, acompañando a un traballador/a con experiencia. As clases teórico-prácticas estiveron a cargo dunha traballadora social e docente experta en atención socio-sanitaria.  

 Tomiño tiña até o de agora máis de 30 auxiliares de axuda no fogar, aos que se suman os novos, para atender, entre todos, a máis dun centenar de persoas maiores, dependentes ou enfermas, distribuídas por todo o termo municipal.  

 Ademais, ante a previsión de que a Xunta de Galicia aumente 900 horas máis para usuarios/as con dependencia, co que a demanda de man de obra, será moito maior, o Concello de Tomiño promoveu a realización deste curso.

Ningún comentario:

Publicar un comentario