Xornada de Sostenibilidade Ambiental
· Modelo práctico de aproveitamento sostible dos soutos.
· Proposta para a reabilitación da antigas escolas de Mougás.
Martes 19 de Febreiro as 20 horas, no Centro Cultural de Mougás Oia
Martes 19 de Febreiro as 20 horas, no Centro Cultural de Mougás Oia
Movemento Oia / Mougás (Oia)
Presenta: Xoán Lois Vila, concelleiro Grupo Mixto, Movemento Oia.
Intervén: Davide Rodriguez, deputado de En Marea no Parlamento Galego.
Martes 19 de Febreiro as 20 horas, no Centro Cultural de Mougás Oia.
· Davide Rodríguez, deputado de En Marea no Parlamento de Galicia, presentará o Modelo práctico de aproveitamento sostible dos soutos.
· Xoán Lois Vila, concelleiro Grupo Mixto, Movemento Oia, presentará a proposta para a reabilitación da antigas escolas de Mougás.
A conservación dos soutos como función ambiental e económica relevante.
Contribúe a protexer o solo evitando a súa erosión e perda, contribuíndo desta forma a combater un dos principais problemas ambientais: a desertización.
Contribúe á depuración do aire, creando un axeitado microclima grazas a procesos como a amortiguación de extremos térmicos e do vento ou a regulación da humidade atmosférica.
Protexe as concas hidrográficas, regulan o ciclo hídrico, melloran a calidade da auga e incrementan os recursos hídricos dispoñibles en volume, accións todas elas que representan unha salvagarda para infraestruturas, cultivos e núcleos de poboación.
Proporciona hábitat e protección a multitude de especies animais e vexetais, así como á biodiversidade e mantén a capacidade produtiva do ecosistema.
(R.)
Ningún comentario:
Publicar un comentario