JUDO
BOS RESULTADOS PARA O CLUBE DE JUDO BAIXO MIÑO
· Na Copa de España de Judo Infantil
Equipo infantil do Clube de Judo Baixo Miño que participou a pasada fin de semana na Copa de España
Fotos: C.J.B.M.
Mónica Pacheco Lomba / A Guarda

O sábado celebrouse unha das Copas de España de Judo infantil, puntuables para o ránking nacional. Nela participaron seis novos judokas do Clube de Judo Baixo Miño: Zaira López, Ismael Adrover, Álvaro Rodríguez, Samuel Adrover, Noé Fernández e Saray Vicente.
Os nosos mozos judokas aínda teñen pouca experiencia nestes campionatos de gran nivel pero aos poucos van demostrando a súa melloría.
Saray Vicente Paz
Destaco a actuación de Saray Vicente Paz na categoría de -40 kg que gaña tres combates e en cuartos de final á segunda do ránking nacional, caendo en semifinais produto de nervios e falta de experiencia pero consegue un fantástico 5º posto.
Agora Saray viaxará cun grupo de judokas galegos para disputar o próximo 23 de febreiro, en Cáceres, outra Copa de España.
Ouro para Verónica Pérez Pacheco (aínda cadete) que a cada paso da tempada vaise notando a súa melloría e dá bos prognósticos para próximos compromisos.
Prata para Carlos Reboredo Diego que leva anos sen baixarse do podium.
Bronce para Alba González Machado (aínda cadete) que realiza un bo campionato a pesar de sufrir unha pequena lesión.
Yohanna Da Cuña González igual que o seu compañeiro Carlos, leva anos sen baixarse do podium galego.
Adrián Romero González que realiza un campionato de moi bo nivel xa que compite nun peso complicadísimo caendo só ante o que sería o campión.
José Manuel Rodríguez González consegue subirse ao podium tras ser a súa primeira competición na nova categoría de peso
Quinto posto:
Noa González Da Costa (aínda cadete) que cae ante judokas de moito nivel pero demostra que vai dar sorpresas nos próximos anos
Iago Alvarez (aínda cadete) o nivel que está a demostrar este judoka é moi prometedor. Verémolo en próximos campionatos.
Sétimo posto:
Nerea Romero González (aínda cadete), a xuízo da súa adestradora unha das mellores.
Jordi Alonso que non puido pasar de primeira rolda por unha lesión.
Desde a dirección do club queremos agradecer o traballo dos adestradores Tecla, Jessy, Saúl, Elena e Alejandro así como a todos o que estiveron animando desde a bancada.
Esta fin de semana viaxarán Jessy Vicente, Verónica Pérez, Alba González, Adrián Romero, Carlos Reboredo e José Manuel Rodríguez ao sector oeste clasificatorio para o Campionato de España onde saen os tres mellores de cada categoría das comunidades de Galicia, Asturias, Castela León e Cantabria.

Ningún comentario:
Publicar un comentario