28 de feb. de 2019

DEPORTES

ATLETISMO

XII CAMPIONATO GALEGO  SUB10,  SUB12,  SUB14 DE PISTA CUBERTA

OS IRMÁNS ÁLEX E  CHRISTIAN SIERPES CONSEGUEN UN OURO, UN BRONCE E UN  RÉCORD GALEGO 

SENDO OS MELLORES DA SOCIEDADE ATLÉTICA DO TREGA, DE TOMIÑO 


 Álex e Christian  Sierpes Pereira coas súas respectivas medallas
Fotos: S.A.T.

Sociedade Atlética do Trega / Redacción Infogauda

 O domingo 24 de febreiro celebrouse en Expourense o Campionato Galego de Atletismo en pista cuberta para as categorías menores, dividíndose en 2 xornadas de mañá e de tarde, cun bo ambiente deportivo coas bancadas a lume de biqueira cunha participación de 700 nenos, onde os mellores especialistas de Galicia ensinaríannos as súas cualidades deportivas.


 Álex Sierpes Pereira

 En xornada de mañá, ás 12:50 horas, Álex Sierpes Pereira disputaba os 1000 ml, na categoría sub 12 masculino, onde saíu a por todas, desde a saída ata o final impoñendo un forte ritmo onde ademais de quedar campión galego, mellorou o récord que xa posuía en 4", quedando parado agora o crono en 3´09" 96. 


 Christian  Sierpes Pereira

 E en xornada de tarde pechando o evento, tocáballe a quenda a  Christian  Sierpes Pereira, participando en 2000 ml. Tamén o fixo moi ben, correndo de menos a máis logrando entrar en terceira posición cun crono de 6´47" 36, obtendo este bronce tan desexado, na categoría sub14 masculino. 

 Tamén participaron os seguintes atletas do noso club:

· Amanda Martínez en 1000 ml ( R. T.)  Sub10 feminina.  
· Yeray  Dacuña 6º en 1000 ml / 3´45" 58/  Sub 10 masculino.  
· André Álvarez en 500 ml / 6º/ 1´42" 43 /  Sub 10 masculino. 
· Carmen  Magallanes Pérez en 2000 ml / 4ª/ 7´37" 02 /  Sub 14 feminino. 
· Elisa  Morgado Rodríguez en 2000 ml / 6ª / 7´43" 07/  Sub 14 feminino. 
· Antía Rodríguez en 2000 ml / 15ª / 8´22"71/  sub14 feminino 

 Parabens!

Ningún comentario:

Publicar un comentario