O Concello reclama a Educación
· Melloras nos centros de Ensino do municipio
· E fai público “o trato desigual que se ten cos centros de ensino da Guarda, en diferenza cos do resto da comarca do Baixo Miño”
· E fai público “o trato desigual que se ten cos centros de ensino da Guarda, en diferenza cos do resto da comarca do Baixo Miño”
Mª Elena Baz Rodríguez, concelleira de Educación e Xuventude do Concello de A Guarda
Foto: C. A.G.
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda a través da Concellería de Educación, reitera novamente a petición “de mellora das instalacións dos centros de ensino do municipio ante a falla de investimentos por parte da Xefatura Territorial de Educación en Pontevedra”.
Desde o executivo municipal do Concello de A Guarda, non soio aportan as copias dos escritos remesados a Xefatura Territorial da Consellería de Educación, Cultura e Ordenación Universitaria, solicitando unha reunión para tratar “(...) as diferentes demandas dos colexios CEIP Manuel Rodríguez Sinde, CEIP As Solanas e CEIP A Sangriña (...)”, senón que ademáis lembran que “en setembro de 2018, ante o inicio do novo curso escolar, e ante as poucas actuacións realizadas ao longo do verán, a concelleira de Educación, Mª Elena Baz Rodríguez, solicitou unha reunión co Delegado de Educación en Pontevedra, Sr. César Augusto Pérez Ares, para trasladarlle as diferentes demandas das diferentes ANPAS e direccións dos centros de ensino do municipio sen que, ata o momento, esta reunión se producira”.
TRATO DESIGUAL COS CENTROS DE ENSINO DE A GUARDA
Para Mª Elena Baz, “o trato desigual que se ten cos centros de ensino da Guarda, en diferenza cos do resto da comarca do Baixo Miño, constitúe un grave prexuízo, que provoca un deterioro das instalacións, xa de por si bastante antigas (algunhas delas contan con 30 anos de antigüidade) malia os traballos de mantemento levados a cabo ano a ano polo persoal municipal”.
Engade a concelleira de Educación de A Guarda que “é preciso acometer as melloras que xa teñen solicitado dende as diferentes ANPAS e direccións dos centros de ensino á maior brevidade, posto que constitúen actuacións primordiais como o son a ampliación da cuberta do patio infantil do CEIP Manuel Rodríguez Sinde, a mellora dos baños do CEIP-As Solanas, a renovación dos corredores e persianas do CEIP A Sangriña, entre outras”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario