A ASOCIACIÓN SAN XEROME EMILIANI PRESENTA SEU NOVO PROXECTO
“XE-mente – Las semillas de la diversidad”
Eva Bouzas Facal / A Guarda
A Asociación San Xerome Emiliani pon en marcha o proxecto “XE-mente – Las semillas de la diversidad”, un proxecto ambicioso, financiado pola Fundación Biodiversidad (Ministerio para la Transición Ecológica) con fondos FSE, no marco do Programa Empleaverde 2018, que conta cun orzamento total de 217.479,98€.
O vindeiro venres 08 de febreiro ás 12:00 horas realizaremos a Xornada de Presentación do Proxecto, na nosa sede de A Guarda (Rúa Galicia, 23).
XE-mente ofrece un Itinerario formativo basado na produción sostenible e ecolóxica de produtos como herbas medicinais, árbores, flores, plantas ornamentais, hortalizas e froita, que se realizará entre febreiro e novembro de 2019. O obxectivo do proxecto é xerar perfís profesionais cualificados e "emprego verde inclusivo", mediante a realización de 10 Accións formativas gratuítas, dirixidas a persoas desempregadas do Baixo Miño, con e sin diversidade intelectual e/ou funcional.
PROGRAMA
12:00 h-12:15 h Benvida e presentación do proxecto Asunción Dacuña Pacheco. Presidenta da Asociación San Xerome Emiliani
12:15-12:25 h – Programa Empleaverde
Victoria Pérez García. Coordinadora do Programa Empleaverde. Fundación Biodiversidade. Ministerio para a transición ecolóxica.
12:25-12:35 h – O Fomento do Emprego verde na Economía Social Galega
Covadonga Toca Carús. Secretaria Xeral de Emprego. Consellería de Economía, Emprego e Industria. Xunta de Galicia.
12:35-13:25 h O apoio ao Emprego verde inclusivo nos Concellos do Baixo Miño
Antonio Lomba Baz. Alcalde do Concello da Guarda.
Cristina Correa Pombal. Alcaldesa do Concello de Oia.
María del Carmen Alonso Alonso. Alcaldesa do Concello do Rosal.
Sandra González Álvarez. Alcaldesa do Concello de Ou Tomiño.
Carlos Vázquez Padín. Alcalde do Concello de Tui.
13:25-13:55 h O apoio ao Emprego verde inclusivo desde o tecido empresarial galego
Verónica Santiago Corral. Responsable de PRL, calidade e medioambiente. Coordinadora de proxectos RSE. TEIGA TMI S.L.
Higinio Mougán Bouzón. Xerente de AGAGA Asocación Galega de Cooperativas Agrarias.
Gloria Álvarez Vázquez. Secretaría técnica ACUBAM Asociación cultivos Baixo Miño.
14:00 h – Viño do Baixo Miño
Ningún comentario:
Publicar un comentario