13 de feb. de 2019

A GUARDA

FORMACIÓN

Comezou o curso preparatorio da ESO 

· Coa participación dunha vintena de persoas adultas co obxectivo de preparación para a obtención do Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria


O alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz, acompañado da 2ª tenente de alcalde, Montserrat Magallanes Álvarez e o concelleiro de Formación e Emprego, Manuel Javier Crespo González, visitaron ao alumnado

Infogauda / A Guarda

 Dende fai uns días un grupo de máis dunha vintena de alumnos participa no Curso de Formación de persoas adultas co obxectivo de preparación para a obtención do Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ou ESO. 



 Este mércores o alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz, acompañado da 2ª tenente de alcalde, Montserrat Magallanes Álvarez e o concelleiro de Formación e Emprego, Manuel Javier Crespo González, visitaron ao alumnado para comprobar o arranque deste novo curso. En palabras de Antonio Lomba, «dende o Concello sempre se aposta pola formación da cidadanía como paso para unha superación persoal e de cara a un acceso en mellores condicións ao mercado laboral». 

 As alumnas e alumnos preparan as probas para a obtención do título da ESO que terán lugar o vindeiro mes Maio e unha segunda convocatoria no mes de Setembro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario