13 de feb. de 2019

A GUARDA

FORMACIÓN

DepoApicultura

A apicultura sostible como fonte de emprego rural 



 Infogauda / A Guarda

 A Deputación de Pontevedra ven de lanzar a actividade DepoApicultura, co obxectivo de capacitar as persoas interesadas na posta en marcha e mantemento dunha explotación apícola moderna, informando sobre as posibles orientacións produtivas e fomentando novas vías de xestión e comercialización mediante o emprego de novas tecnoloxías. 

 En total impartiranse 12 accións formativas presenciais e mixtas en zonas rurais da Rede Natura, polo que A Guarda entra dentro deste ámbito xeográfico. 

 Principalmente está destinada a persoas desempregadas. Trátase dunha acción totalmente de balde grazas ao cofinanciamento do FSE para conseguir formación  e un emprego de calidade. 

 As inscricións poden formalizarse a través do enderezo electrónico depoapicultura@depo.es ou no teléfono 886 210 725.

Ningún comentario:

Publicar un comentario