13 de feb. de 2019

A GUARDA

PATRIMONIO

O Concello mellora a sinalización de 15 monumentos e fitos históricos 

· Esta actuación contou cun orzamento de 13.612,50€


Panel informativo fronte a porta lateral da igrexa de San Bieito
Foto: Infogauda

Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda ven de instalar 15 paneis informativos con fotografías e informacións de interese sobre monumentos e fitos históricos da vila, grazas a unha subvención con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra. 

 Esta actuación contou cun orzamento de 13.612,50€ para a posta en valor dos elementos e fitos históricos con paneis  de 30x20 cm que amosan fotografías, planos e textos sobre cada un deles, ademais dun código QR no que se pode acceder a unha páxina web na que ampliar máis información en varios idiomas, así coma fotografías panorámicas en 360º. 

 En total os paneis atópanse na igrexa parroquial de Santa María, a Torre do Reló, a igrexa de San Bieito, o manómetro barométrico do P. Baltasar Merino, a capela de San Caetano, a capela da Guía, a capela de Santa Trega, a igrexa parroquial da Nosa Sra. da Visitación, de Camposancos; o Cruceiro Pinto, a capela de San Roque, a igrexa parroquial de San Lourenzo de Salcidos, a capela da Nosa Sra. das Mercedes, da Gándara; o tramo da muralla medieval na rúa Baixo Muro; o tramo da muralla medieval da rúa Ireira; e a praza San Marcos, onde antigamente e ata o século XIX, localizábase un hospital, que contara coa protección da familia Correa, e que servía para dar albergue a peregrinos e viandantes pobres.

 No traballo de recopilación de informacións e fotografías contouse coa participación do becario de arquivo, da Concellería de Patrimonio, así coma de particulares que cederon material que é agora visible e do que pode gozar toda a cidadanía guardesa e visitantes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario