27 de feb. de 2019

A GUARDA

EDUCACIÓN

A ANPA do Colexio Solanas solicita a Educación unha reforma dos baños do centro  

800 sinaturas de nais e pais avalan esa petición

A concelleira de Educación, Mª Elena Baz Rodríguez presentando no rexistro de entrada do Concello de A Guarda a petición e as sinaturas de nais e pais
Foto: C.A.G.

 Infogauda / A Guarda

 A ANPA “Os Muíños” do Colexio Solanas remitiu en días precedentes a través do rexistro de entrada do Concello de A Guarda máis de 800 sinaturas de nais  e pais de alumnas/os deste centro educativo, solicitando unha reforma dos baños. 

 Dende a ANPA e dende o Concello de A Guarda entenden que é unha obra moi necesaria e así o trasladaron, remitindo esta información dende o Concello á Xefatura Territorial de Educación de Pontevedra e mesmo á conselleira, reclamando a urxencia de emprender estas accións para o benestar dos usuarios e usuarias deste centro educativo

 A concelleira de Educación, Mª Elena Baz Rodríguez, manifestou a necesidade de manter unha xuntanza de carácter urxente co xefe territorial de Educación en Pontevedra, solicitude realizada sen éxito en reiteradas ocasións, para poder coordinar as demandas existentes no municipio en canto ao estado dos centros educativos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario