27 de feb. de 2019

OIA

Curso de coidados psicosociais básicos na enfermidade do alzhéimer

O Concello de Oia abre a inscrición

Impartirase os días 23 e 30 de marzo e 6 e 13 de abril no Centro Cultural de Pedornes   


Infogauda / Oia

 O Concello de Oia vén de abrir o prazo de inscrición para un curso gratuíto de coidados psicosociais básicos na enfermidade de alzhéimer. A actividade desenvolverase nos meses de marzo e abril e será impartida por Cruz Vermella do Baixo Miño.   

 O Concello inclúe esta formación dentro da liña 2 do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.  

 A actividade conta cun total de 20 horas de formación teórico-práctica. Impartirase os días 23 e 30 de marzo e 6 e 13 de abril no Centro Cultural de Pedornes, en horario de 9:00 a 14:00 horas.   

 Este curso pretende achegar os coñecementos básicos sobre os coidados na enfermidade de alzhéimer a nivel social e sanitario, así como dar a coñecer as formas de comunicación que favorecen as relacións coa persoa enferma e a familia. Na actividade formativa tamén se informará sobre as redes sociais de apoio existentes.  

 As persoas interesadas poden inscribirse no rexistro do Concello de Oia, ou a través da sede electrónica, ata o próximo 21 de marzo (máis información no teléfono 986 362 125). As prazas son limitadas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario