FORMACIÓN
15 PERSOAS PARTICIPAN NO NOVO CURSO DE CAMAREIROS
Organizado polo Concello de A Guarda
Esta
formación ten lugar os sábados de 9:00 a 14:00 horas, e realizarase
unha formación in situ nas instalacións do Hotel El Molino
Vista parcial da aula onde ten lugar á formación teórica
Fotos: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
Por segundo ano a Concellería de Turismo do Concello de A Guarda ofrece un novo curso gratuíto para a formación de camareiras/os de bares e restaurantes, no que participan dende o pasado 16 de febreiro un total de 15 persoas, nas instalacións dunha empresa local de formación.
O obxectivo principal é formar a novos camareiros, algo esencial de cara á profesionalización dun sector tan importante para A Guarda como é o turismo e a Hostalería, ofertando á veciños e visitantes un servizo de calidade e profesional.
A programación está deseñada para que as persoas participantes adquiran as nocións básicas na adecuación do local, reposición do material, servizo de alimentos e bebidas en mesa e barra, e atención ao cliente no servizo de restaurante e bar.
O curso terá unha duración total de 80 horas, das cales 40, estarán destinadas á formación teórica e práctica como a montaxe de mesas e ambientación da sala, identificación e limpeza dos utensilios e menaxe, preparación de alimentos e bebidas seguindo as normas de manipulación e hixiene alimentaria, incluíndo tamén formación en alérxenos e manipulación de alimentos. Polo que ao finalizar, o alumnado tamén recibirá el diploma de manipulador/a de alimentos. Ademais esta formación completarase coas indicacións en alérxenos. Esta formación desenvólvese os sábados de 9:00 a 14:00 horas, e realizarase unha formación in situ nas instalacións do Hotel El Molino.
Esta formación completarase con outras 40 horas de formación práctica non laboral en bares e restaurantes de A Guarda, axustadas segundo o perfil e necesidades de cada alumno.
De esq. a der.: Joaquín González Franco, formador; Antonio Lomba Baz, alcalde de A Guarda, e Montserrat Magallanes Álvarez, concelleira de Comercio
O pasado sábado o alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz e a concelleira de Comercio, Montserrat Magallanes Álvarez, visitaron aos alumnos na segunda xornada deste curso, na que aproveitaron para darlles ánimos e convidalos a complementar a súa formación con este tipo de cursos, de cara a poder ofertar un servizo de calidade nos diferentes bares e restaurantes do municipio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario