18 de feb. de 2019

A GUARDA

CULTURA

O Centro Cultural acolleu o primeiro concerto do ciclo de Música Coral  

 Coro Cantabile
Coro Arpegios
Fotos: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 O pasado sábado día 16 de febreiro, no Centro Cultural de A Guarda, celebrouse a primeira edición do Ciclo de Música Coral, contando nesta ocasión coa participación do Coro Diapasón de Ferrol; o Coro Arpegios e o Coro Cantábile, de A Guarda. 

 Este concerto contou cunha moi boa afluencia de persoas que quixeron aproveitar a tardiña do sábado para gozar coa música coral, disfrutando dun  repertorio moi variado no que ademáis de cancións galegas, houbo tamén temas moi afamados e coñecidos por todos, de artistas e bandas coma The Beatles e tamén obras clásicas.  

CORO ARPEGIOS E CORO CANTÁBILE

 O Coro Cantábile é un grupo de canto coral de persoas de diferentes idades, nace no ano 1986 como Coro da Catequesis para máis tarde pasar a chamarse Coro Arpegios, primeiro infantil e despois xuvenil de voces mixtas. Durante a súa traxectoria percorreron varios lugares de España (País Vasco, Barcelona, Madrid,…), Portugal e Francia, acadando un gran nivel grazas ao esforzo e adicación polo que teñen recibido premios en concursos de Galicia e outras cidades de España. Contan con dous traballos discográficos “Canto A Guarda” e “XX años cantando”, baixo a dirección do  seu fundador José  Luis Lorenzo Rodríguez. 

 A maior parte do seu repertorio foi composto ou arranxado por José Luis Lorenzo Rodríguez destacando obras inéditas premiadas nos años 1995, 1997 e 2002 no “Festival de Villancicos de Caixanova de Vigo”. 

 No ano 2007 asumiu a dirección Lucía Alonso Castro, realizando unha labor de continuación ata o 2016, ano no que toma a batuta Avelino Ferreira López. 

 Do coro inicial formáronse as dúas agrupacións actuais: Arpegios como coro infantil, e Cantábile, que seguen promovendo a cultura musical e o canto coral baixo a dirección de Avelino Ferreira López. 

CORO DIAPASÓN 

Coro Diapasón


 O Coro Diapasón nace en Ferrol no ano 2010 a partires dun obradoiro de música coral contemporánea, debutando no ano 2011 e facendo concertos dende ese ano ao longo da xeografía galega e tamén no resto de España baixo a dirección de Juan M. Brage Rabina. 

 O Ciclo de Música Coral continúa no mes de marzo, cun segundo concerto que terá lugar o sábado día 30 dese mes.

Concerto do Coro do Conservatorio de Música de A Guarda

Coro do Conservatorio de Música de A Guarda

 Tamén na xornada do pasado sábado, os alumnos e alumnas do novo coro do conservatorio de música de A Guarda formado por 40 compoñentes desprazáronse ata Vigo, onde participaron nun concerto na Parroquia de Nosa Sra. da Soidade, dirixido polo profesor Bruno Díaz González. Este concerto forma parte dunha das actividades programadas polo conservatorio para completar a formación dos alumnos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario