31 de xan. de 2019

TUI


Os lumes forestais apaganse no inverno

Mesa Redonda en Tui

Venres día 1 febreiro, ás 20:00 horas, na Sala Xacobeo, da Área Panorámica


Infogauda / Tui

 O IEAMSo (Instituto de Estudos Agrarios Mártires de Sobredo) e o Instituto Galego de Terras Comunitarias organizan este venres, 1 de febreiro en Tui, na sala Xacobeo da Área Panorámica, a partir das oito da tarde (20:00 H), unha Mesa Redonda para tratar o  tema ”Os lumes forestais apáganse no inverno”.  

 Cóntase coa participación de: 

· Juan Carlos Boo. Comunidade Montes Veciñais de Areas-Tui
· Gonzalo Vázquez. Instituto Galego de Terras Comunitarias
· Xosé Rodríguez. Alcalde do Concello das Neves 
· Claudio Quintillán. Experto medioambiental 
· Xosé Alfredo Pereira. Organización Galega de Comunidades de Montes  

 A actividade, presentada por Marga do Val. Instituto de Estudos Agrarios Mártires de Sobredo, enmarcase no ciclo “Sobredo, 96 anos despois”, cuxo obxectivo é achegar asuntos de actualidade, dende unha visión das organizacións sociais ligadas a posta en valor do medio rural.  

 Abordase, deste xeito, un tema de fonda preocupación como é a desfeita ambiental provocada polos incendios; e a prevención e loita contra os mesmos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario