31 de xan. de 2019

SANIDADE

AS TRABALLADORAS E TRABALLADORES DOS PAC FIXERON ENTREGA HOXE NO REXISTRO DO SERGAS EN VIGO UNHA SOLICITUDE SOBRE AS CONDICIÓNS DE TRABALLO E MEDIDAS DE SEGURIDADE LABORAL  

 
 As traballadoras e traballadores dos PAC concentraránse fronte ao edificio administrativo do SERGAS en García Barbón hoxe xoves 31 de xaneiro de 2019 ás 12h, onde posteriormente realizaron entrega dunha solicitude relacionada coas condicións de traballo e medidas de seguridade. Este punto é un dos 11 que se levan na táboa reivindicativa da Folga dos Puntos de Atención Continuada.
  
 Os traballadores/as dos PAC levan máis dun ano unidos por 11 puntos reivindicativos que se expuxeron a administración en numerosas ocasións. A maior parte son puntos que afectan a calidade asistencial como a revisión dos plans funcionais para dotar de recursos a cada uns dos centros, equipos completos medico-enfermeira, a retirada dos obxectivos a derivación hospitalaria outros coa recuperación de dereitos perdidos como o pago do 100% dos complementos de nocturnidade e festividade, o computo neutro de permisos e Incapacidades Temporais e outras relacionadas coa penosidade e perigosidade no traballo como dotación necesaria de equipos de protección individual, o non aumento da xornada anual de 1451h ou respecto a directiva europea dos tempos de traballo.  

 Previa a esta concentración membros do colectivo PAC´s en Pé de Guerra informaron da primeira reunión do Comité de Folga da que agardan que tras a exposición das distintas posicións a administración entregue un primeiro documento cunha proposta para iniciar unha negociación en firme.  

 O Sergas tras 22 días de folga deu un paso cara o diálogo convocando ao Comité de Folga, onde parece que entenderon as necesidades en seguridade nos postos de traballo do PAC, e no que facemos funcións fora do centro de traballo atendendo catástrofes como a recente explosión da pirotécnica de Tui, accidentes de trafico ou en calquera lugar a intemperie.  

 A solución aos problemas que o SERGAS ten coas súas traballadoras pasa por solventar a situación de precariedade e sobrecarga laboral e non por intentar facer un lavado de cara mediático. O futuro da sanidade pública pasa por dotar de medios materiais, de persoal e de condicións que permitan realizar a asistencia nunhas condicións dignas.  

PAC´S EN PÉ DE GUERRA 

(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario