10 de xan. de 2019

SALCEDA DE CASELAS

SANTIAGO RODRÍGUEZ DAVILA (PORTAVOZ DO PARTIDO POPULAR): “OS VECIÑOS DE SALCEDA PATINAN CO XEO NAS RÚAS PORQUE O CONCELLO NON BOTA SAL POR FALTA DE PREVISIÓN”   

· O PP de Salceda denuncia a “falta de previsión” do goberno local ante as xeadas dos últimos dez días e a entrada dun frente polar nas próximas horas. As rúas teñenunha capa de xeo que poñen en perigro a seguridade dos peatons   


Santiago Rodríguez Davila: “(...) Durante os últimos dez días, as beirrarúas e as estradas están durante a maior parte do día conxeladas (...)”
Fotos: P.P.

Infogauda / Salceda de Caselas

 O PP de Salceda de Caselas amosa a súa preocupación polo estado das rúas do municipio por mor da baixada das temperaturas. Segundo comprobou durante os últimos dez días, as beirrarúas e as estradas están durante a maior parte do día conxeladas sen que o Concello tome medidas para solucionalo. “Entendemos que o primeiro día non tivera os medios necesarios pero despois de dez días non é comprensible que no casco urbán do pobo, onde hai máis afluencia de xente, non se bote sal por la seguridade dos peatons e tamén dos coches”, denuncia Santiago Rodríguez Davila, portavoz do PP salcedense.

 “Diante do centro social da Devesa non se botou ningunha gota de sal, a beirarrúa e o paso de peatons están totalmente xeados, cae unha sobre outra e, polo tanto, acumúlase cada día que pasa sen que o Concello tome medidas, nin alquila máquinas nin reforza o número de traballadores”, continúa Davila que engade que “o mesmo ocorre na praza do Concello, onde a beirrarúa de entrada os comercios está cunha placa de xeo moi perigrosa para os veciños”. 

 O PP de Salceda é “consciente” de que “non se pode chegar a todos os puntos do Concello” pero “tras dez días sen facer nada, ninunha soa medida, consideramos que a actitude do Rexidor local é de total deixadez e dunha irresponsabilidade incomprensible, cando temos un goberno con moitas dedicacións exclusivas e cun concelleiro de Vías e Obras que non cumple co seu traballo a pesares de que os seus vecinos estén en perigro e podan sofrir accidentes graves”. 

 Os populares de Salceda exisen ao alcalde que “se poña a traballar canto antes, polo ben dos seus veciños, sobre todo ante la nova e brusca baixada das temperaturas que se prevé para as próximas horas

Ningún comentario:

Publicar un comentario