10 de xan. de 2019

MADRID

PREVISIÓN PARA O MARTES 15 DE XANEIRO DE 2019 NA DELEGACIÓN DA XUNTA EN MADRID/CASA DE GALICIA 

Martes, 15 
19:30 horas 

 A Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia acollerá a conferencia da doutora en Historia de América M.ª del Carmen Martín Rubio “O CRONISTA GALEGO JUAN DE BETANZOS E O REINO INCA PERDIDO NA SELVA DO AMAZONAS”. A profesora Martín Rubio percorreu en 1997 os mesmos territorios que Juan de Betanzos en 1556, en busca daquel reino perdido desde finais do século  XVI, e logrou localizar dúas cidades, un fito que recolleu a revista Historia National Geographic no seu número 178. Outro descubrimento da investigadora foi o verdadeiro nome de Machu Picchu, que é  Patallacta.    

Ningún comentario:

Publicar un comentario