REPRESENTANTES DAS REXIÓNS COMPRADORAS DO PROXECTO EMPATTICS REUNÍRONSE NA DELEGACIÓN DA XUNTA DE GALICIA EN MADRID PARA PUNTUAR AS OFERTAS NA SEGUNDA FASE
O proxecto, cofinanciado pola Comisión Europea, está liderado pola Xunta de Galicia a través da ACIS
O delegado da Xunta de Galicia, José Ramón Ónega López, sauda a coordinadora de Proxectos Europeos da ACIS, Susana Fernández Nocelo
Foto: Casa de Galicia
Infogauda / Madrid
Representantes das rexións compradoras do proxecto EMPATTICS, cofinanciado pola Comisión Europea no marco do programa Horizonte 2020 e liderado pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde ( ACIS), reuníronse hoxe na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia para puntuar as ofertas técnicas presentadas para a segunda fase das tres nas que se divide o proxecto. Foron recibidos polo delegado da Xunta en Madrid e director da Casa, José Ramón Ónega, quen lles dió a benvida e desexoulles unha boa xornada de traballo.
EMPATTICS (acrónimo de Empowering Paients for a better Information and improvement of the Communication Systems-Capacitar aos pacientes para unha mellor información e mellora dos sistemas de comunicación) é un proxecto de compra pública precomercial liderado pola Xunta de Galicia a través da ACIS, unha axencia pública autonómica adscrita á Consellería de Sanidade, no que participan sete entidades de cinco países europeos diferentes.
O obxectivo de EMPATTICS é a adquisición de tecnoloxías innovadoras no ámbito da saúde que axuden ao empoderamiento dos pacientes crónicos e que redunden nun maior autocoñecemento e autoxestión das súas enfermidades, reducindo así as crises agudas e hospitalizacións e mellorando por tanto a calidade de vida destes pacientes.
O encontro de hoxe na Delegación da Xunta reuniu aos representantes de dous das entidades integrantes do consorcio (o Servizo Aragonés de Saúde e a Rexión de Dinamarca Central) cos representantes de ACIS co obxectivo de fixar as puntuacións definitivas das ofertas técnicas presentadas polos contratistas elegibles para a segunda fase das tres nas que se divide o proxecto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario