21 de xan. de 2019

DEPORTES

CAMPO A TRAVÉS

OS MÁIS NOVOS DA SOCIEDADE ATLÉTICA DO TREGA ACADARON 16 PODIOS

· No campionato zonal de campo a través escolar celebrado o pasado sábado, no Rosal




Grupo de atletas do club Sociedade Atlética do Trega

Informa (redacción e fotografías): Sociedade Atlética do Trega / O Rosal

 A base do Atletismo Trega, de Tomiño, domina e da brillo, facendo do campo a través escolar do Baixo Miño 2019, un vendaval de pódiums, tanto a nivel individual como por equipos, certificando que é o equipo actualmente de moda e referencia en toda a comarca, acadando nada menos que 11  pódiums a nivel individual e 5 por equipos, cun total de 16  pódiums. 

 O pasado sábado en xornada de mañá disputouse o campionato zonal de Campo a Través Escolar do programa Xogade da Xunta de Galicia, nas inmediacións do campo de fútbol A Canosa (San Miguel de Tabagón) xunto ao río Miño. 

 Despois de tanta frustración, por condicións climatolóxicas adversas, tras varios intentos suspendidos e adiamentos que viñamos arrastrando desde o mes de novembro ata agora, por fin! á terceira foi a vencida, podéndose celebrar o bendito evento, quedando tan só unha pequena marxe de preparación para a seguinte fase provincial que se celebrará en Chenlo (O Porriño), o día 2 de febreiro, que dará pase de clasificación directa á fase final de Campionato Galego de Cros que se disputará o 16 de febreiro de 2019 en Pereiro de Aguiar (Ourense). 

 Esta proba deportiva foi organizada pola Agrupación Deportiva do Baixo Miño (AGRUDEBAM) coa colaboración da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de San Miguel, máis o Concello do Rosal e a Xunta de Galicia. 

 Cun día pésimo pasado por auga en todo momento e sen tregua, deixaría as inmediacións de A Canosa unha estupenda superficie de terreo para a práctica do campo a través que nos fixo disfrutar desta preciosa modalidade tan antiga, durante toda a mañá. 

 Na proba participaron alumnos dos colexios de todo o Baixo Miño, como integrantes de clubs, en idades comprendidas dentro das categorías que están escolarizadas nos centros educativos da zona de Salceda, Tui, Tomiño, O Rosal e A Guarda, ou que teñene licenza en clubs rexistrados na zona. 

 Onde se desagregaría en 8 carreiras desde a categoría benjamín ata cadete, incluíndo tamén a invitación de varios atletas de discapacidade intelectual do San Xerome Emiliani da Guarda, un deles foi Borja Cadilla, compoñente do noso club que correría polo seu colexio. 

Equipo alevín feminino
               
 Equipo benxamín feminino
Equipo benxamín masculino
 
Equipo infantil feminino 
                                               Equipo infantil masculino

 Ata alí o Atletismo Trega levou un  destacadísimo número de atletas. Nada menos que 31 compoñentes. Onde superou a todos os seus rivais tanto a nivel individual como colectivo. 

 Resumo de resultado de atletas por categorías: 

 Ás 10:30 horas arrincaba a primeira proba benxamín feminina, cos seguintes resultados: 

Podio de Amanda Martínez Sierpes
Podio de subcampioas por equipos

Campioa zonal individual: Amanda Martínez Sierpes (CEIP Sobrada- Tomiño)  
8ª Alba Pérez Muñoz (CEIP Sobrada-Tomiño)      
9ª Tania Pousa Fernández (CEIP Pintor Antonio Fernández- Goián-Tomiño)     
16ª Carlota Míguez Méndez (CEIP  Rebordanes – Tui)     
7ª Mara González Areal (CEIP Rebordans –  Tui) 

Subcampioas zonais por equipos con 34 puntos. 

Podio de Yeray Dacuña Sierpes e Andrés Álvarez Rodríguez
Podio de campions zonais por equipos

 Sobre as 10:40 horas seguiríanlle os  benxamins masculinos: 1º Campión zonal individual:  Yeray Dacuña Sierpes (CEIP Sobrada- Tomiño) 
2º Subcampión zonal individual:  André Álvarez Rodríguez (CEIP Sobrada- Tomiño)      
8º Aarón Dacuña Sierpes (CEIP Sobrada-Tomiño)      
10º Martín Fernández Pérez (CEIP Sobrada-Tomiño) 
12º Adrián Castelo Díaz (CEIP Sobrada- Tomiño)      
20º Nicolás de la Santísima Trinidad Sampín (CEIP Maristas de Tui)      
21º Teo Iglesias Domínguez (CEIP Sobrada-Tomiño)

Campions zonas por equipos cun total de 21 puntos. 

 Cando o reloxo marcou as 10:55 horas tocoulles a quenda aos alevíns femininos: 

Podio de Paula Lago Sánchez e Paula Rocha Bautista
Podio de campioas zonais por equipos

 2ª Subcampioa zonal individual: Paula Lago Sánchez (CEIP Pintor Antonio Fernández, de Goián-Tomiño). 
3ª Bronce zonal individual: Paula Rocha Bautista (CEIP Pintor Antonio Fernández, de Goián-Tomiño).      
6ª Mara González Carrera (CEIP Pintor Antonio Fernández- Goián-Tomiño)       
15ª Paula Pousa Martín (CEIP Pintor Antonio Fernández- Goián-Tomiño)    
  
 Campioas zonais por equipos con 26 puntos. 

 E sen ningún minuto de atraso, cando eran as 11:10 horas tocoulle á categoría alevín masculino, que esta vez correría cun atleta só. Os seus compañeiros puxéronse doentes e como consecuencia diso non acudiron ao evento, quedando esta categoría sen equipo. 

Podio de Álex Sierpes Pereira

1º Campión zonal individual: Álex Sierpes Pereira (PP. Somascos – A Guarda) 

 Co equipo máis numeroso en participantes do noso club, que foi o das mozas infantís, deron a súa saída ás 11:25 h: 

Podio de Mara Romeu Vicente, Carmen Magallanes Pérez e Antía Rodríguez Otero

1ª Campioa zonal individual: Mara Romeu Vicente (CEIP Solanas – A Guarda) 
2ª Subcampioa zonal individual: Carmen Magallanes Pérez (PP. Somascos – A Guarda) 
3ª Bronce zonal individual: Antía Rodríguez Otero (CEIP Pintor Antonio Fernández, de Goián -Tomiño)      
4ª Elisa Morgado Rodríguez (CEIP Manuel Suárez  Marquier- O Rosal)      
5ª Lara Rodríguez Martínez (CEIP Manuel Suárez  Marquier – O Rosal)      
7ª Aina Bolea Díaz (CEIP Pintor Antonio Fernández, de Goián-Tomiño)      
10ª Carla Rocha Bautista (CEIP Pintor Antonio Fernández, de Goián-Tomiño)      
25ª Lara Álvarez Fernández (CEIP Pintor Antonio Fernández, de Goián-Tomiño)
34ª Nayara Ramírez Lomba (Carmelitas – A Guarda) 

Podio de campioas zonais por equipos

 Campioas zonais por equipos, con 10 puntos en total. 

 Co último equipo representante, ás 10:40 horas tocoulle aos infantís masculinos: 
     
Podio de Christian Sierpes Pereira 

1º Campión zonal individual: Christian Sierpes Pereira  (PP. Somascos – A Guarda)      
9º Marco Martínez Rial (CEIP A  Sangriña - A Guarda)      
16º Nicolás Ferreira González (CEIP A Sangriña – A Guarda)
21º Bruno Álvarez Rodríguez (CEIP Pintor Antonio Fernández, de Goián-Tomiño)     

Podio de subcampions zonas por equipos

 Subcampions zonais por equipos cun total de 47 puntos. 

 E coa nosa última atleta participante, ás 12:00 h., as cadetes femininas:   
   
Marcela Morgado Rodríguez 
Podio de campioa. Recolleu a medalla Nayara Ramírez, compoñente do equipo xa que a gañadora Marcela Morgado Rodríguez, estaba ausente nese intre

1ª Campioa zonal individual: Marcela Morgado Rodríguez (CEIP Manuel Suárez  Marquier - O Rosal) 

 Por último, agradecer a todas as nais e pais polo seu compromiso, esforzo por contribuír a facer cousas grandes como estas, polo bo facer, ensinarlles e inculcarlles aos seus fillos hábitos saudables. 

 Felicitar a tódolos atletas polos seus éxitos alcanzados, adestradores e directiva do club. Toca seguir loitando, cultivando máis triunfos e alegrías. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario