30 de xan. de 2019

LABORAL

Continúan os paros diarios de catro horas por quenda contra os despidos no CETEC  

Infogauda / Mos

 Todos/as os empregados/as do CETEC, o centro tecnolóxico do grupo vigués de automoción Copo, continúa a secundar os paros de catro horas diarias por cada unha das quendas de traballo (mañá, tarde, noite e quenda partida) convocados polos tres delegados de persoal da CIG contra o despido de dous compañeiros.  

 Dende a representación dos traballadores/as denuncian que a dirección da empresa segue sen querer sentarse a negociar a reincorporación ou recolocación dos afectados, polo que os paros continuarán cando menos esta semana, ao igual que as concentracións diante das instalacións da empresa en Mos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario