8 de xan. de 2019

GOIÁN

CINEMA

O cineclub Poleiro proxecta a comedia húngara En cuerpo y alma

· O sétimo traballo da directora Ildykó Enyedi 

· Xoves día 10 de xaneiro, ás 21:30 horas no Auditorio de Goián 

Rita Alonso / Goián

 O Cineclub Poleiro proxecta o xoves 10 de xaneiro, ás 21:30 horas no Auditorio de Goián, o filme On Body and Soul (En cuerpo y alma)

 En cuerpo y alma, comedia dramática húngara, é o séptimo traballo da directora Ildykó Enyedi. Unha inusual historia de amor nun lugar inusual, un matadoiro no que traballan os dous  protagonistas.   

 Sinopse: 

 María comenza a traballar como supervisora nun matadoiro de Budapest, pero pronto empezan a xurdir disque disques sobre ela. Senta afastada dos demais e segue cumprindo estrictamente as normas. O seu mundo está formado por cifras e datos impresos na súa memoria dende a primeira infancia. O seu xefe é un tipo tranquilo. Os dous comenzarán a coñecerse lentamente.

2017: Premios Oscar: Nominada á Mellor película de fala non inglesa. 
2017: Festival de Berlín: Oso de Oro (Mellor película). 
2017: Premios del Cine Europeo: Mellor actriz (Borbély). 4 nominacions.

 O cineclub Poleiro conta co apoio da Concellería de Cultura do Concello de Tomiño e da Federación de Cineclubes de Galicia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario