REMO INDOOR
DAMIÁN ALONSO ALONSO, DE A GUARDA, DOBLE CAMPIÓN DE EUROPA DE REMO ERGÓMETRO
· Logrou sendas medallas de ouro nas regatas de 2000 e 1000 m , respectivamente
Damián Alonso Alonso - no centro da imaxe - con Luke Sawicki e Richard Charrett, no podio correspondente a regata de 2000 m
Fotos: FB
Ricardo Rodríguez Vicente / Deportes
Coa espiña cravada por non haber podido participar, por motivos laborais, a pasada fin de semana no Campionato de España de Remo Indoor, celebrado en Ourense; o remeiro Damián Alonso Alonso, de A Guarda, pertencente o Club Remo do Miño, ven de participar no Campionato de Europa de Remo Indoor, que se está celebrando nesta fin de semana no Gladsaxe Sports Arena, en Copenhague (Dinamarca).
Previamente ás regatas Damián Alonso, den decraracións a este cronista díxonos: “As miñas previsions cara este fin de semana no Campionato de Europa en Copenhague son unha incertidume porque non sei ben como estou físicamente, so sei que non estou coma debería estar. Este ano non puden adestrar todo o que me gustaría porque non tiven tempo debido ao traballo. Pero espero poder facer un bo papel, e quen sabe se traer algunha medalla. Iso nunca se sabe, dependerá do nivel dos demais participantes, hai anos no que é máis fácil ca outros. O que si sei e que tentarei dar o mellor de min mesmo, saia ben ou non. O meu obxectivo e dar todo o que teño neste momento (...)”.
E non soio deu todo o que ten, senón que o fixo como un heroe, xa que a xornada deste sábado día 26 de xaneiro de 2019, comezou para Damián Alonso Alonso coa regata de 2000 m., na que acadou súa primeira medalla de ouro, superando o polaco Luke Sawicki, que logrou a medalla de prata, e o británico Richard Charrett, que se fixo coa medalla de bronce.

O termo desa primeira regata, Damián Alonso fixo o seguinte comentario: “Non foi unha boa regata, non foi un bo tempo, non houbo boas sensacións, pero chegou para gañar outra vez o Campionato de Europa (e van 7). Haber agora que pasa na distancia de 1000 m. Eu xa me vou contento para casa...”
E na regata de 1000 m., Damián Alonso voltou a trunfar, superando o danés Bergur Robert Dam Jensen, que logrou a medalla de prata, e o británico Chris Hearn, que acadou a medalla de bronce.
Esas son as medallas de ouro que ven de lograr Damián Alonso Alonso no Campionato de Europa de Remo Ergómetro
Dese xeito, Damián Alonso deixou perfectamente craro seu nivel de autoesixencia e seu cerne de campión. Dúas medallas de ouro nunha única xornada. Non se pode pedir máis a un deportista. Foi así como o noso remeiro xa se sentiu pletórico:
“Ao final, ouro tamén no 1000!
Mellor do esperado, agora a centrarse para o Mundial! Non estou como me gustaría, pero hai marxe de mellora!
Como lle dixo un grande do remo español a outro grande a semana pasada. Para gañar hai que participar! De volta a casa que esta noite toca traballar (...)”.
Parabens Damián Alonso Alonso por estes dous novos logros deportivos que aquilatan ainda máis teu brillante palmarés deportivo. E todo iso, sen deixar de ser como eres.
Ghrande Damián!
Ningún comentario:
Publicar un comentario