7 de xan. de 2019

A PASAXE (CAMPOSANCOS) A GUARDA

O PROXECTO VOLANTEIRO, PROMOVIDO POLA ASOCIACIÓN CULTURAL DE EMBARCACIONS TRADICIONAIS PIUEIRO VAI A BÓ RITMO

· Baixo o lema "a memoria non é individual...a recuperación da memoria é cousa de todos/as", a Asociación Pueiro quere que no verán de 2019 esta embarcación navegue no XIV Encontro de Embarcacions Tradicionais de Galicia (A Guarda, do 11 ao 14 de xullo)

Domingo Carrero Álvarez, xunto o bote volanteiro para á Asociación Cultural de Embarcacions Tradicionais Piueiro
Foto: Santiago Baz Lomba

Ricardo Rodríguez Vicente / A Pasaxe (Camposancos)


 Detrás dunha gran obra adoita haber un soño, e detrás dese soño hai - como mínimo - unha persoa. Acontece que ás veces - como no caso que nos ocupa -, os soños son compartidos. Máis non chega con soñar e compartir os soños. Soñar está o alcance de calquer ser humano. Compartir os soños, tamén. Ainda que non sempre se poidan compartir con calquera, nin todo o mundo está disposto a compartilos. Facelos realidade xa conleva, non soio o feito en sí mesmo de compartir un bo soño, senón facelo realidade. E diso é o do que queremos tratar nesta ocasión. 

 Para comezar, queremos salientar que unha das mellores novas que puderon producirse no pobo de A Guarda, foi, o noso entender á creación - en 2017 -, da Asociación Cultural de Embarcacions Tradicionais Piueiro, cuxa xunta directiva está formada por: Joaquín Cadilla Castro (presidente), José Benito Rodríguez González (vicepresidente), Celso Rodríguez Fariñas (secretario), Antolín Verde Alonso (tesoureiro); Agustín Ferreira Lorenzo, Prudencio T. Núñez González, Antonio Martínez Vicente, Silvia Mª Crespo Campos, Bernardo Lomba Lomba e Francisco Antonio González Durán (vogais).

 O primeiro soño compartido desa xunta directiva foi traballar para que A Guarda sexa sede do XIV Encontro de Embarcacions Tradicionais de Galicia, que como se sabe terá lugar no noso pobo do 11 ao 14 de xullo de 2019. E como xa informamos oportunamente, grazas o esforzo de todos, a candidatura presentada por Piueiro foi a gañadora. Máis dentro desa candidatura ía outro soño que latexaba no foro interno de moitos de nós: a recuperación dun bote volanteiro.

 E ese soño tamén está sendo unha realidade, como se pode comprobar no rexistro fotográfico que incluimos, no que podemos ollar o avanzado estado de construcción da embarcación que Piueiro lle encomendou a dirección da empresa Astilleros El Pasaje, S. L., situada no barrio da Pasaxe (Camposancos), a carón do río Miño. 

 Xunto o volanteiro en construcción - feita posible coas achegas económicas de un amplo abano de colectivos, entidades e empresas colabouradoras -, podemos ollar a un home sinxelo - Domingo Carrero Álvarez -, coñecido popularmente, sobor de todo pola xente do mar, co alcume "Minxos". 

 Decir "Minxos" é referirse a un mestre da carpintería de ribeira. Unha persoa que no seu tránsito vital aportou - e afortunadamente ainda aporta - seus coñecementos - que son moitos -, no que se refiere a un dos oficios que ainda conservan moito de arte, non pouco de artesanía, e ferrados de moito de amor a un traballo. Que paulatinamente - por moitas razóns que están na mente de todos -, foi deixando paso a outros xeitos de construir embarcacions. Por todo iso, o proxecto volanteiro, da Asociación Piueiro, vai permitir que moitos poidamos coñecer unha embarcación que foi característica do porto de A Guarda, e que paulatinamente desapareceu da Ribeira guardesa. E o mesmo tempo - por qué non? -, tributarlle un público recoñecemento a Domingo Carrero Álvarez "Minxos", porque a vista da súa traxectoria humana e profesional, teno merecido dabondo. E non soio por iso, senón porque desde o minuto 1 do proceso constructivo do volanteiro guardés, Domingo Carrero Álvarez ten amosado súa total dispoñibilidade para supervisar - xunto co seu fillo Francisco Carrero Portela - tódalas tarefas que conleva a sabia construcción desta embarcación, cuxo proxecto é, como dixemos o comezo deste solto, un soño compartido, que dentro de poucas semanas xa será, como prevemos, toda unha grata realidade.

 Beizóns para a Asociación Piueiro e a tódalas persoas que ademáis de soñar e de compartir inquedanzas, traballan para que os soños se transformen en realidades.

Ningún comentario:

Publicar un comentario