Romaría de Santa Catalina
• O domingo, 30 de novembro, ás 12:00 horas, na Cruzada
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
Ainda que súa festividade é o día 25 de novembro, a Comisión de Festas de San Caetano, ten anunciada para o domingo, 30 deste mes, ás 12:00 horas, na ermida da Cruzada, a celebración dunha misa. E se a climatoloxía o permite, haberá procesión.
Ao remate da eucaristía e da procesión, haberá chocolate de balde.
Así será, en síntese, a celebración da romaría de Santa Catalina.
Santa Catalina de Alejandría foi unha mártir cristiá do século IV. Seu culto foi espallado por todo o continente europeo a partir do século VI, e de xeito especial nos séculos X e XII. Está incluída no grupo dos santos auxiliadores e é invocada contra a morte súbita.
Catalina de Alexandría é a patroa dos escolares e estudantes, filósofos, prisioneiros, mozas casadeiras, barbeiros (xunto con Cosme e Damián e Martín de Porres), e de cuantos relaciónanse polo seu oficio coas rodas: carreteiros, muiñeiros, trapeiros, fiandeiras, ciclistas,...
Tamén é considerada patroa dos arquiveiros, avogados, xuristas, bibliotecarios; persoas en transo de morte; educadores, estudantes, mecánicos, torneiros, enfermeiros, predicadores, teólogos, secretarias, taquígrafos,...
.jpg)
Ningún comentario:
Publicar un comentario