29 de xan. de 2019

A GUARDA

FORMACIÓN

O Concello impulsa un novo curso 

· Para a formación de camareiros/as en bares e restaurantes  


Infogauda / A Guarda

 Por segundo ano a Concellería de Turismo do Concello de A Guarda ofrece un novo curso gratuíto para a formación de camareiras/os de bares e restaurantes, que terá lugar do 9 de febreiro ao 6 de abril.   

 O obxectivo principal é formar a novos camareiros, algo esencial de cara á profesionalización dun sector tan importante para A Guarda como é o turismo e a hostelería, ofertando á veciños e visitantes un servizo de calidade e profesional.  

 A programación está deseñada para que as persoas participantes adquiran as nocións básicas na adecuación do local, reposición do material, servizo de alimentos e bebidas en mesa e barra, e atención ao cliente no servizo de restaurante e bar.  

 O curso terá unha duración total de 80 horas, das cales, 40 horas estarán destinadas á formación teórica e práctica como a montaxe de mesas e ambientación da sala, identificación e limpeza dos utensilios e menaxe, preparación de alimentos e bebidas seguindo as normas de manipulación e hixiene alimentaria, incluíndo tamén formación en alérxenos e manipulación de alimentos. Polo que ao finalizar, o alumnado tamén recibirá el diploma de manipulador/a de alimentos. Ademais esta formación completarase coas indicacións en alérxenos. Esta formación terá lugar os sábados de 9:00 a 14:00 horas.   

 Esta formación completarase con outras 40 horas de formación práctica non laboral en bares e restaurantes de A Guarda, axustadas segundo o perfil e necesidades de cada alumno. As prazas son limitadas. 

 As inscricións realizaranse ata o mércores 6 de febreiro na Oficina de Turismo do Concello de A Guarda na Praza do Reló, 1. As/os interesadas/os deberán cumprimentar a ficha de inscrición. Poden contactar no teléfono 986 61 45 46 ou ben a través do correo electrónico turismo@aguarda.es.   

 Debido ao comezo inmediato o xoves 7 de febreiro darase a coñecer o listado de admitidos para xa comezar a formación o sábado 9 de febreiro. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario