ANABAM INCREMENTA A RECOMPENSA POLA MORTE DOS GARRANOS DE OIA: 1.600 €
Temos a ben comunicar que a asociación conservacionista ANABAM, diante da falta de resultados para dar cos autores materiais da brutal e mortal agresión contra os garranos producida no monte de Oia, Serra da Groba, amplía a recompensa a 1.600 euros grazas á colaboración de tres persoas moi sensibilizadas por este tema que prefiren quedar no anonimato. Estas persoas proceden doutros tantos puntos da xeografía peninsular: un de Santiago de Compostela, outro de Bilbao e un terceiro de Madrid. Ademais contamos tamén coa colaboración da Asociación de Gandeiros de Cabalos da Serra da Groba e da Comunidade de Montes Veciñais de Viladesuso (Oia).
O eco de tan salvaxada acción, como vemos, chegou aos puntos máis diversos da xeografía peninsular, dando unha imaxe penosa desta bisbarra, polo que non podemos estar calados diante de tal acción. ANABAM apela a aquela persoa ou persoas que saiban algo, a que nos dean datos para poder localizar aos autores. Como xa deixamos claro na anterior ocasión, manteremos en secreto ao confidente polo que ninguén saberá a fonte de información. Calquer persoa que nos poda facilitar datos pode facelo a través do teléfono: 616 180 557, por whasapp ou por correo electrónico (anabam.anabam@gmail.com). Dende esta asociación pedimos que estes feitos non queden impunes, por que de ser así, non será difícil que volvan a se producir.
* Presidente de ANABAM
Ningún comentario:
Publicar un comentario