Coa obra Deadpan Karaoke, rematará o programa “Este outono ven ao teatro”
• O próximo venres 29 de novembro, ás 21:00 horas no Centro Cultural
Infogauda / A Guarda
Coa posta en escea da obra “Deadpan Karaoke” de Ibuprofeno Teatro, para público adulto e xuvenil, o próximo venres 29 de novembro, ás 21:00 horas no Centro Cultural, rematará o programa “Este outono ven ao teatro”.
“Deadpan Karaoke” é un espectáculo unipersoal de carácter participativo que propón como ingredientes principais o absurdo, a estupidez, a sorpresa, a comedia, a música e o cine, e que trata de dar resposta á pregunta: é posible o amor nesta sociedade tardocapitalista na que vivimos?
Deadpan é un personaxe incapaz de sentir e expresar emoción. A través das súas accións e grazas á contextualización das mesmas dentro dun karaoke, consegue facer accesibles e divertidas para o gran público cuestións e dilemas que ocupan aos grandes pensadores contemporáneos.
Entrada de balde ata completar á cabida.
Ningún comentario:
Publicar un comentario