A Guarda conta con dúas mesas para a práctica do xadrez ao aire libre
· Foron instaladas grazas a un convenio de colaboración no que a Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra realizou a doazón destes elementos escultóricos
O alcalde Antonio Lomba Baz e o concelleiro de Deportes, Manuel Javier Crespo González, xogando o xadréz - en presenza da concelleira de Servizos Sociais, Mª Teresa Vicente Baz - nunha das mesas instaladas nos xardíns do Centro Cultural
Foto: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda ven de instalar recentemente dúas mesas de xadrez cos seus respectivos asentos na parte posterior do edificio do Centro Cultural da vila, unhas instalacións que servirán para a práctica do xadrez, ofertando ademais un servizo de préstamo de fichas de xadrez e damas na recepción do Centro Cultural.
Estas mesas de xadrez foron instaladas grazas a un convenio de colaboración no que a Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra realizou a doazón destes elementos escultóricos, que poden arestora empregar todos os guardeses e visitantes.
O alcalde de A Guarda e o concelleiro de Deportes aproveitaron para comprobar “in situ” a instalación desta obra escultórica e xogar unha partida de xadrez, convidando a todo aquel que o desexe a empregar as fichas postas á disposición na recepción do Centro Cultural no seu horario habitual de apertura, de luns a venres de 10:00 a 13:00 horas a 17:00 a 20:00 horas, e os sábados de 10:00 a 13:00 horas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario