31 de maio de 2018

A GUARDA

A AGRUPACIÓN CULTURAL GUARDESA CULMINA Á CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS COA HOMENAXE A BETI REY FERREIRA

Este venres día 1 de xuño, ás 21:00 h., no salón de actos do Centro Cultural


Beti Rey Ferreira

Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda


 A Agrupación Cultural Guardesa, entidade que preside Julia Sobrino González, porá broche de ouro á celebración do Día das Letras Galegas, coa homenaxe á locutora e xornalista guardesa Beti Rey Ferreira. 

 No acto, que terá lugar este venres día 1 de xuño, ás 21:00 h., no Centro Cultural da Vila, participarán:

 · Grupo de Pandereteiras da Agrupación Cultural Guardesa; Cantaruxas e Merliños, dirixidos pola profesora Berta Castro.

 · Grupo Antorcha, dirixido por María José Baz Martínez.

 · Grupo de Cámara da Agrupación Musical de A Guarda, dirixido por Víctor Luis Alonso Treinta e José Antonio Soutelo Muñoz.

 Asemade, intervirá José Ramón Font Moldes, director da Radio Municipal de Tui, que falará de Beti Rey Ferreira, como profisional da información e como persoa. E farao, con toda probabilidade, desde o coñecemento persoal e o trato próximo polo traballo cotiá, desde os comezos da devandita emisora municipal, fai xa un cuarto de século ata hoxendía. Toda unha andaina profisional acugulada de moita labor adicada á audiencia, que o fin e o cabo, é quen realmente manda.

BETI REY FERREIRA: TODA UNHA VIDA FACENDO RADIO EN GALEGO

 Beti Rey é locutora de radio. Ten unha ampla experiencia profisional no eido da comunicación na radio, televisión, prensa escrita e dixital e redes sociais. Dende 1993 é locutora de radio na Radio Municipal de Tui. Participou na Televisión de Tui ao fronte do programa "Trisquel" e colaborou coa Televisión Local da Guarda na realización dalgún programa especial co gallo da celebración das Festas do Monte Santa Trega. Ao longo dos últimos vinte anos, ven colaborando en varios medios de prensa escrita e dixital. Nos últimos anos ten realizado a presentación de innumerables eventos tanto no Baixo Miño e Vigo como noutros puntos de Galicia. Dende hai máis de dez anos, forma parte do Gabinete de Comunicación do Concello de Tui e colaborou co Festival Internacional de Documentais Play-Doc. Foi responsable de prensa da Candidatura a Patrimonio da Humanidade da UNESCO do Patrimonio Inmaterial Galego Portugués promovida pola Asociación Ponte nas Ondas.

 Desde Infogauda, nosos parabens a Beti Rey Ferreira, porque sen menoscabo de ninguén, súa elección como persoa a homenaxear co gallo do Día das Letras Galegas, non pudo ser máis acertada.

A GUARDA

REMO

O CLUB DE REMO ROBALEIRA ORGANIZA UN CURSIÑO DE VERÁN




Infogauda / A Guarda


 O Club de Remo Robaleira, de A Guarda pón en marcha un cursiño de verán que comezará o día 1 de xullo de 2018. Está enfocado para nenas/os a partir de 8 anos de idade.

 O curso comezará nas instalacions do clube - Rúa Rosal - Muiño de Abaixo, s/nº - , de A Guarda.

 Para máis info chmar o teléfono: 

 626 690 697

 Ou remesar un correo o seguinte enderezo electrónico: 

 clubremorobaleira@hotmail.com


A GUARDA

A Guarda vestirase de flores na fin de semana do Corpus Christi  

· Decenas de veciñas e veciños traballarán durante a noite do sábado na decoración das rúas coas tradicionais alfombras floráis.  

· Esta será a derradeira fin de semana para gozar da ruta gastronómica «Tapearte».   


A alfombra da Praza do Reló en 2017, antes e despois da solemne procesión do Santísimo Sacramento
Fotos: C. A.G.

Infogauda / A Guarda

 O municipio guardés prepárase dende hai semanas para vivir unha das súas festividades máis destacadas, coa elaboración das tradicionais alfombras floráis que cubrirán as principais rúas do casco antigo da vila na fin de semana do Corpus Christi. Decenas guardesas e guardeses traballan arreo estes días para ultimar os preparativos, que comezarán a tomar forma durante a tarde e a noite do sábado.  

Grupo de mulleres traballando no debullado da materia prima necesaria para poder facer os tapices florais

 A veciñanza e os visitantes poderán gozar dos coloridos tapices xa na mañá do domingo, tras toda unha noite de traballo. Estes poderán contemplarse na Praza do Reló, a praza Ignacio Sobrino, a praza José María Lomba e  as rúas Oliva, Hernán Cortés, Malteses e Concepción Arenal, así como na zona da Ribeira. A contorna desta rúas permanecerá pechada ao tráfico ata o remate da tradicional procesión, que partirá dende a Igrexa parroquial de Santa María unha vez rematada a misa (12:30 h).   

Últimos días de «Tapearte» 

 A sexta edición da ruta gastronómica «Tapearte» chegará ao seu fin esta fin de semana, coincidindo coa celebración da festividade do Santísimo. Con máis de 2.800 tapas xa servidas, os 19 bares e restaurantes participantes prepráranse para acoller a partir de mañá aos «ruteiros» e as «ruteiras» máis rezagadas, que poderán gozar dunha variada oferta de tapas a un prezo único de 2€ durante o mediodía e a tardiña deste venres, sábado e domingo.  

 Os comensais dispoñen dun pasaporte no que, ademais de atopar a información detallada sobre cada unha das tapas, poderán selar aquelas que xa teñan degustado e participar no sorteo dun teléfono intelixente Samsung Galaxy 7J. Para isto, será preciso depositar os pasaportes cun mínimo de 6 selosnas urnas disponibles en cada un dos establecementos participantes e na Oficina de Turismo do Concello da Guarda. Ademais, aquelas persoas que reúnan un mínimo de 10 selos, recibirán como agasallo directo un lote de viño Pazo de Seoane, da Adega Lagar de Fornelos (O Rosal).

GALICIA

A Xunta de Galicia aproba o Decreto de axudas para os afectados pola explosión pirotécnica de Tui 

Feijóo afirma que o obxectivo da Xunta foi intentar contribuír e sumar forzas co resto das administracións para paliar os efectos deste suceso en todas as frontes

Indica que o Goberno galego segue valorando cos familiares que teñen en España a mellor resposta posible para os dous menores que quedaron orfos  

Asegura que os afectados están sendo puntualmente informados de todos os avances, a través da oficina de atención que se constituíu en Guillarei desde o primeiro día 

Sinala que co decreto actívase o mecanismo para que os afectados poidan dispoñer de axudas directas, procurando que non teñan que adiantar os cartos, e coa mínima documentación  

Destaca que se contemplan axudas para os nenos que quedaron orfos, para o realoxo dos afectados que o precisen, para a rehabilitación ou a construción de novas vivendas e para a mobilidade temporal dos afectados

Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa posterior o Consello da Xunta de Galicia de hoxe

Infogauda / Santiago de Compostela

 O responsable do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe na rolda de prensa do Consello a aprobación do decreto que declara a emerxencia pola situación de catástrofe humanitaria e convoca as ordes de axudas excepcionais.  

 Durante a súa intervención, Feijóo incidiu en que, desde o primeiro momento, o obxectivo da Xunta foi intentar contribuír e sumar forzas co resto das administracións para paliar os efectos deste suceso en todas as frontes. Primeiramente, atendendo ás persoas afectadas e, hoxe, son catro as persoas que continúan hospitalizadas –tres no Hospital Álvaro Cunqueiro e outra en Povisa-; e proporcionando atención psicolóxica a todos os que perderon as súas casas total ou parcialmente.  

 Unha vez ordenada esta atención máis inmediata, subliñou que o Goberno galego segue a valorar a mellor resposta posible para os dous menores que quedaron orfos. Unha resposta que se está avaliando, tal e como corresponde, entre os servizos de menores da Xunta –que é quen ten a tutela actualmente- e os familiares que lles quedan en España.  

 Se ben a recuperación da aldea de Paramos está moi condicionada, sobre todo nestas primeiras semanas, polo traballo xudicial que se está a levar a cabo na zona cero, o responsable do Executivo autonómico aseverou que os afectados están sendo puntualmente informados de todos os avances, a través da oficina de atención que se constituíu en Guillarei desde o primeiro día, no que están tanto traballadores sociais e técnicos de urbanismo, e no que se incorpora tamén desde hoxe, con carácter estable, persoal do Instituto Galego de Vivenda e Solo.  

 Así, a través desta oficina, os afectados van coñecendo tanto os pasos que se están a dar na zona afectada, como as axudas que se van a poñer a súa disposición e que, no caso da Xunta, xa se comezaron a tramitar. Trátase de que os afectados poidan acceder ás axudas coas máximas facilidades e o antes posible.  

 Como sinalou o máximo responsable autonómico, coa aprobación do decreto, o Goberno galego activa o mecanismo para que os afectados poidan dispoñer de axudas directas, procurando que non teñan que adiantar os cartos, e coa mínima documentación, precisou, subliñando, en primeiro lugar, axudas para os fillos dos falecidos.  

 En segundo lugar, referiuse ás axudas para o realoxo nos casos que sexa necesario, destinadas a custear o aloxamento provisional daquelas persoas que o necesiten, con 450 euros ao mes para alugueiro, durante un prazo de 2 anos; e ata 600 euros adicionais para facer fronte aos gastos de alta do alugueiro, subministracións e fianza. Para acceder a este alugueiro, unicamente deberán presentar un certificado do Concello indicando que foron afectados pola explosión.  

 Como terceiro punto, resaltou o financiamento tamén da mobilidade temporal dos afectados. E avanzou axudas directas para a construción das vivendas destruídas: 110.000 euros para casas habituais, cun 15% máis para afrontar gastos de reposición do enxoval, polo que a axuda ascendería a 125.000 euros, e 44.000 euros no caso de vivendas ocasionais e un 5% para gastos de enxoval, polo que ascendería a 46.000 euros.  

 Nestes casos, os afectados deberán ceder as súas accións legais á Xunta para que o Goberno galego poida repercutir á aseguradora directamente ou, no caso de inexistencia de seguros, contra o propio causante do dano. 

 Para acceder a estas axudas, os beneficiarios só deben presentar certificado do Concello de Tui que acredite que son afectados por vivenda destruída. A cantidade a ingresar poderá servir para comprar vivenda noutro lugar.  

 Ademais, a Administración autonómica porá a disposición dos afectados subvencións directas para rehabilitar as vivendas, xa sexan reparacións de maior ou menor entidade. Trátase dunha axuda directa aos afectados, que contarán co ingreso unha vez presenten a documentación correspondente, que neste caso é unha memoria valorada. 

 Segundo destacou o presidente da Xunta, o decreto aprobado hoxe habilita xa unha partida de aproximadamente 5 millóns que se destinará exclusivamente a esa prioridade, que é a vivenda dos afectados.  

 Durante a rolda de prensa, Feijóo resaltou que, a maiores, o decreto tamén abre outros ámbitos de actuación, como: a reforma das dúas escolas unitarias que se viron afectadas pola explosión, que xa se iniciou; e a reconstrución de negocios, talleres e naves afectadas e doutras edificacións. 

 O presidente da Xunta concluíu apelando ao compromiso e implicación de todas administracións, incluídos o Concello, a Deputación e o Goberno central, para recuperar a aldea de Paramos.

A GUARDA

NUEVA ACCIÓN FORMATIVA: CURSO DE TÉCNICAS DE ANIMACIÓN Y TIEMPO DE OCIO

· El taller se realizará los días 25, 26, 27 y 28 de junio 2018

· Se tramitará un diploma acreditativo de la formación realizada   

· La formación es gratuita   


Informa: Cruz Roja Baixo Miño / A Guarda

 Desde la Asamblea Comarcal de Cruz Roja Baixo Miño desarrollaremos los próximos días 25, 26, 27 y 28 de junio en horario de 09:00 a 14:00 la acción formativa “Técnicas de animación y tiempo de ocio”, con una duración de total de 20 h. teórico- prácticas a desarrollar en los talleres de verano de las aulas de Cruz Roja.  

 A través de esta formación Cruz Roja de Baixo Miño tiene como objetivo formar un grupo de jóvenes interesados en colaborar en las actividades del programa, principalmente para desarrollar talleres de ocio con niños y niñas en el municipio del municipio.  

 La acción formativa tiene los siguientes contenidos: ocio y tiempo de dinámicas de grupo; expresión plástica, animación deportiva, expresión musical; nibliografía de especial interés y programación de las actividades.  

 En este curso pueden participar de forma gratuita cualquier persona de la comarca. Interesados anotarse en la sede de Cruz Roja en A Guarda o llamando al 986 61 46 09/ 606 34 84 71. 

VIGO

ARELA BUSCA PERSOAS E/OU FAMILIAS DISPOSTAS A CONVIVIR CON ADOLESCENTES QUE ESTÁN A CUMPRIR UNHA MEDIDA XUDICIAL  

A  Asociación Arela e a Xunta de Galicia poñen en marcha o Programa CONVIVE.comigo. Trátase dun proceso de capacitación, valoración, formación e seguimento de persoas ou familias para convivir con adolescentes que teñan que cumprir unha medida de convivencia con persoa ou familia. Estase a desenvolver nas provincias da Coruña e Pontevedra.  



Julio Barreiro González  / Vigo

Director de ARELA


 ARELA e a Xunta de Galicia levan a cabo o Programa CONVIVE.comigo nas provincias de Pontevedra e A Coruña, coa finalidade de conseguir persoas ou familias que queiran convivir cun/cunha adolescente que teñan a obriga de cumprir unha medida xudicial (convivencia con outra persoa, familia ou grupo educativo). Durante este 2018 están a buscar os apoios dos diferentes concellos galegos destas provincias de cara a que poidan colaborar na difusión do mesmo e así conseguir un banco de persoas ou familias que abarquen moitos dos territorios de ambas provincias.  

 A través deste programa búscanse familias e persoas cunha alta sensibilidade cara a adolescencia que queiran facer unha aposta temporal por un/unha adolescente con dificultades. A través dun ambiente socializador e positivo permitiralles ás/aos adolescentes a posibilidade de modificar as circunstancias que motivaron a medida xudicial e, polo tanto, que non reincidan nos mesmos feitos, comportamentos e actitudes unha vez regresen a vivir coa súa familia de orixe.  

 Os requisitos para formar parte deste programa son os seguintes:  ser maior de idade, dispoñer dunha vivenda adecuada, estabilidade emocional, comprometerse a traballar en equipo, garantir un alto grao de dispoñibilidade, non buscar a satisfacción dun desexo de paternidade... Á súa vez, valorase positivamente a formación relacionada con ciencias sociais, a experiencia previa en programas de acollemento familiar, ter unha predisposición a ser formadas en diferentes temáticas como adolescencia, formación de carácter xurídico.   

 ARELA ofrece unha formación grupal e individual, e asesoramento, con acompañamento de profesionais e un financiamento de 40€ diarios durante os meses que permaneza o/a adolescente coa familia ou persoa.  

 Dende a páxina web de ARELA pódese consultar máis información sobre este programa, así como dende o teléfono da súa sede central, 986 21 25 37 ou a través do correo electrónico convive@arela.org  

*ARELA (www.arela.org) é unha asociación que leva traballando en Galicia dende o ano 1998 con infancia e adolescencia en situación de desprotección e/ou conflito social, prestando diferentes servizos: Casas de Familia, Centros de Atención de Día Integral e Centros de Intervención Educativo en Medio Aberto (CIEMA) coa Consellería de Política Social. 

PONTEVEDRA

EXTREMADURA PON OS SEUS OLLOS NO ‘PLAN REVITALIZA’ PARA IMPLANTAR O MODELO DE COMPOSTAXE PONTEVEDRÉS 

· O vicepresidente Mosquera recibiu hoxe ao director xeral de Medio Ambiente da Junta de Extremadura, ao deputado de Badaxoz e a persoal técnico   

· A delegación extremeña visitou varios centros de compostaxe comunitaria de diferentes concellos da provincia  

O vicepresidente Mosquera recibiu á delegación extremeña
Fotos: D. P.

Infogauda / Pontevedra

 Extremadura vén de poñer os seus ollos no Plan Revitaliza para implantar o modelo de compostaxe pontevedrés. Así o indicaron hoxe o director xeral de Medio Ambiente da Junta de Extremadura, Pedro Muñoz, e o deputado da Deputación de Badajoz, Manuel Díaz,  que visitaron xunto a persoal técnico de ambas institucións varios concellos da provincia para coñecer de primeira man o modelo de compostaxe pontevedrés e foron recibidos hoxe formalmente polo vicepresidente César Mosquera no pazo provincial.  


 A comitiva extremeña comezou a visita aos centros de compostaxe comunitaria na tarde de onte, cando coñeceron as instalacións de Pontevedra (Eduardo Pondal, Ponte Boleira, Monte Porreiro e Príncipe Felipe), así como as existentes en Vilaboa, Bueu, Moaña e Cangas, entre outros municipios, da man do asesor de residuos da Deputación de Pontevedra, Carlos Pérez, da técnica María Martínez Abraldes, e das mestras e mestres composteiros do Plan Revitaliza encargados da xestión de cada composteiro. Deste xeito puideron comprobar insitu o sistema de funcionamento e a exemplar participación cidadá en cada un dos puntos de compostaxe. 

 Na mañá de hoxe, os membros da delegación mantiveron unha reunión de traballo para coñecer as cifras de investimento da Deputación de Pontevedra, os resultados de toneladas de lixo tratadas, así como a evolución que pretende seguir o Plan Revitaliza nos concellos adheridos ao programa. Finalmente, realizouse unha recepción institucional na que o vicepresidente Mosquera indicou que nestes momentos a normativa europea e estatal avala a filosofía do plan provincial, e insistiu en que o Revitaliza ten como punto central que a xestión dos biorresiduos estea en mans de persoal cualificado formado a través da Facultade da Compostaxe.  

 O director xeral de Medio Ambiente da Junta de Extremadura, Pedro Muñoz, explicou que a delegación extremeña marchou encantada da visita polo trato e porque “gustounos a experiencia da compostaxe que se está a facer en Pontevedra”. Explicou que en Extremadura se está a estudiar e valorar posibles solucións aos niveis de reciclaxe que están baixo os esixidos polo que, unha vez coñecidas referencias do Plan Revitaliza, querían coñecer en persoa o modelo pontevedrés.  


 “Ao velo gustounos o ben organizado que está, o rápido e facilmente que se acadan os obxectivos, o pouco que impactan os centros de compostaxe comunitario, e a boa organización do traballo. En fin, hai moitas máis cousas positivas que negativas, aínda que nos explicaron que houbo algunha polémica… Pero cando o coñeces…”, dixo Muñoz, para destacar que o Plan Revitaliza é moi adaptable á rexión extremeña, que é moi rural, na que pode ser perfectamente aplicable o modelo. 

 Pola súa banda, o deputado de Medio Ambiente da Deputación de Badajoz, Manuel Antonio Díaz González, destacou que o Plan Revitaliza pon de manifesto a necesidade dos gobernos provinciais para os concellos. “Valoramos como foron capaces de pouco a pouco implantar un modelo que economicamente é sostible e, fundamentalmente, como o teñen organizado. Levamos unha impresión moi favorable, porque despois das visitas de onte e hoxe permítennos saber como se montou o servizo e as barreiras que sempre hai dende a cidadanía ante novos modelos… Permítenos mellorar os niveis de reciclaxe, o custe do sistema e impactar positivamente sobre o medio ambiente, que é o máis importante. 

 O vicepresidente Mosquera, pola súa parte, manifestouse “encantado” de recibir na Deputación á delegación extremeña e subliñou que “hai bastante que podemos aprender uns de outros”. De feito indicou o seu interese por visitar Extremadura e coñecer en primeira persoa o que están a facer “porque teñen unha serie de cousas, proxectos experimentais, que son interesantes”.  

 “Nós estamos encantados de compartir e, sobre todo, de dicir cales deben ser os eixos centrais e onde hai que centrar esforzos para que o proxecto vaia adiante. Aquí ninguén nace aprendido. Encantados do que poidamos axudar e encantados do que poidamos aprender de todos lados: do que saíu ben e tamén do que saíu mal e non se debe facer. Se se logra avanzar en calquera campo non é por ter unha visión ríxida. Iso é estéril. Hai que definir os proxectos, adaptalos á realidade de cada sitio, porque copiar é malo, pero aprender é imprescindible”.

O ROSAL

ACTIVIDADES DEL DÍA SOLIDARIO
Domingo 24 de junio de 2018




Informa: ACOR / O Rosal

 Para la comida solidaria es aconsejable inscribirse. Lo podéis hacer en el teléfono 680 49 31 56  

 El menú consta de: 

- Fideuá  
- Asado de carnes (costilla de cerdo, pollo picantón, chorizo criollo, chorizo campero)  
- Postre, café, bebida y pan  

 Todo por 15€ de los que una parte será donado a las dos asociaciones (Bicos de Papel y A.E.C.C.) a las que se le dedica este día.

A GUARDA

CICLISMO

O C. C. GUARDÉS ORGANIZA UNHA SAÍDA DE CICLOTURISMO POLO VAL MIÑOR E BAIXO MIÑO

O domingo día 3 de xuño, ás 9:00 h., desde á Alameda




LABORAL

Os traballadores/as de Transportes RD Lens e Olívica TCA mobilízanse para reclamar o pago dos salarios 

A práctica totalidade do persoal das dúas compañías viguesas secundou as catro xornadas de folga

O cadro de persoal das empresas Transportes RD Lens e Olívica TCA, con sede en Vigo, desenvolveu hoxe unha concentración diante das instalacións 
Foto: CIG

Infogauda / Vigo

 O cadro de persoal das empresas Transportes RD Lens e Olívica TCA, con sede en Vigo, desenvolveu hoxe unha concentración diante das instalacións coincidindo coa última xornada de folga das catro convocadas para reclamar o pago dos salarios pendentes. Os paros, que se iniciaron este luns, tiveron un seguimento practicamente total por parte dos máis de 20 empregados/as, xa que unicamente un optou por ir traballar.     

 Os traballadores/as destas dúas compañías de transportes, que pertencen ao mesmo grupo empresarial, reclaman o pago das catro mensualidades que lles adebedan (no caso dalgúns empregados/as a débeda é de cinco mensualidades).  

 Segundo explica o delegado de persoal de RD Lens, da CIG, decidiron mobilizarse contra os incumprimentos da dirección, que continúa sen abonar os salarios pendentes. Deste xeito, ademais das catro xornadas de folga, optaron por convocar unha concentración diante das instalacións das empresas, onde despregaron unha faixa e berraron consignas reclamando o pago dos soldos.  

 RD Lens e Olívica TCA dedícanse ao transporte de mercadorías e contan cun cadro de persoal de máis de 20 traballadores/as entre as dúas. A dirección négase a pagar os salarios adebedados a pesar de que xa foron reclamados pola vía xudicial e mediante unha denuncia na Inspección de Traballo.

CAMINHA

CINEMA

Boletim da Sessão nº 347 

"Forte Apache", de John Ford (1948)


Sexta-feira, 01 de junho às 21:45 no Auditório do Museu Municipal de Caminha


Locus Cinemae / Caminha

 Forte Apache, o primeiro da “TRILOGIA DA CAVALARIA”  (…) Ford leu muito sobre a Cavalaria Americana, e partiu dele a ideia de contar o que sabia sobre a instituição, mas achou melhor contar numa forma de trilogia. A esta altura, John Wayne (1907-1979) já era seu grande astro, cujo impulso foi alavancado pelo próprio Ford na sua obra “Stagecoach”, em 1939.  

 É verdade que Ford e Wayne tiveram altos e baixos ao longo de suas vidas (possivelmente, a única pessoa com quem pudesse “perder uma briga” para Ford era justamente o “Duke”), mas jamais deixaram de ser grandes amigos, apesar do grande cineasta tentar controlar a carreira de Wayne até o fim de sua vida, em 1973. Wayne estrelou a trilogia espetacular que faz parte da imensa filmografia do diretor, cuja lista de obras se inicia em 1914.  

 “Forte Apache” (Fort Apache), de 1948, conta com cenas marcantes, entre elas as sequências em que a câmara corre lado a lado com a cavalaria em fúria. A paisagem desoladora e imponente do Monument Valley (a terra que Ford tanto amava e fez questão de frisar isto em seus primorosos westerns) é captada de forma épica, e com destaque para a atuação de Henry Fonda (1905-1982) como um coronel frio, arrogante, e preconceituoso, que odeia os índios, que antagoniza com o oficial interpretado por John Wayne, o oposto do personagem de Fonda, que tem a mente mais aberta e vem a entender os problemas indígenas sob sua ótica humana. (…) 


FICHA TÉCNICA:
Título original: “Fort Apache”, EUA, 1948
Realização: John Ford
Argumento: Frank S. Nugent
Produção: John Ford, Merian Cooper
Música Original: Richard Hageman
Fotografia: Archie Stout
Montagem: Jack Murray
Direção artística: James Basevi
Guarda-Roupa: Ann Peck, Michael Meyers
Efeitos Sonoros: Joseph Kane, Frank Webster
Efeitos Especiais: Dave Koehler
Duração: 125 minutos
FICHA ARTÍSTICA:
John Wayne …. capitão Kirby York
Henry Fonda …. tenente coronel Owen Thursday
Ward Bond …. sargento-major O’Rourke
Shirley Temple … Philadelphia Thursday
John Agar …. tenente Michael “Mickey” O’Rourke
Victor McLaglen …. sargento Festus Mulcahy
Pedro Armendáriz …. sargento Beaufort
Miguel Inclan …. Cochise
Dick Foran …. sargento Quincannon
Guy Kibbee …. dr. Wilkens
George O’Brien …. capitão Sam Collingwood
Jack Pennick …. sargento Schattuck

Trailer de "Forte Apache", de John Ford 
Programação   
Junho  2018 
Ciclo Western    
01 de junho, “Forte Apache”, John Ford, EUA, 1948, Sessão 347 (s/ classificação) 
08 de junho, “Os Dominadores”, John Ford, EUA, 1949, Sessão 348 (M/6) 
15 de junho – NÃO HÁ SESSÃO 
22 de junho, “Rio Grande”, John Ford, EUA, 1950, Sessão 349 (M/6) 29 de junho, “Rio Bravo”, Howard Hawks, EUA, 1959, Sessão 350 (s/ classificação)  

Julho  2018  
Ciclo Outras Cinematografias   
06 de julho, “Mónica e o Desejo”, Ingmar Bergman, Suécia, 1953, Sessão 351 (M/12) 
13 de julho, “Tudo Sobre a Minha Mãe”, Pedro Almodóvar, Espanha/França, 1999, Sessão 352 (M/16) 
20 de julho, “Adeus, Lenine”, Wolfgang Becker, Alemanha, 2003, Sessão 353 (M/12) 
27 de julho – NÃO HÁ SESSÃO  

Agosto  2018  
Ciclo A Não Perder    
03 de agosto, “O Grande Ditador”, Charles Chaplin, EUA, 1940, Sessão 354 (M/12) 
10 de agosto, “O Mundo a Seus Pés”, Orson Welles, EUA, 1941, Sessão 355 (M/12) 
17 de agosto, “Casablanca”, Michael Curtiz, EUA, 1942, Sessão 356 (M/12) 
24 de agosto, “A Mulher Que Viveu Duas Vezes”, Alfred Hitchcock, EUA, 1958, Sessão 357 (M/12) 
31 de agosto, “Manhattan”, Woody Allen, EUA, 1979, Sessão 358 (M/12) 

*As sessões de agosto de 2018 são repetições de outras sessões que o Cineclube de Caminha fez noutras ocasiões, o que acontece pela primeira vez em 7 anos de atividade.