A AGRUPACIÓN CULTURAL GUARDESA CULMINA Á CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS COA HOMENAXE A BETI REY FERREIRA
Este venres día 1 de xuño, ás 21:00 h., no salón de actos do Centro Cultural
Beti Rey Ferreira
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
A Agrupación Cultural Guardesa, entidade que preside Julia Sobrino González, porá broche de ouro á celebración do Día das Letras Galegas, coa homenaxe á locutora e xornalista guardesa Beti Rey Ferreira.
No acto, que terá lugar este venres día 1 de xuño, ás 21:00 h., no Centro Cultural da Vila, participarán:
· Grupo de Pandereteiras da Agrupación Cultural Guardesa; Cantaruxas e Merliños, dirixidos pola profesora Berta Castro.
· Grupo Antorcha, dirixido por María José Baz Martínez.
· Grupo de Cámara da Agrupación Musical de A Guarda, dirixido por Víctor Luis Alonso Treinta e José Antonio Soutelo Muñoz.
Asemade, intervirá José Ramón Font Moldes, director da Radio Municipal de Tui, que falará de Beti Rey Ferreira, como profisional da información e como persoa. E farao, con toda probabilidade, desde o coñecemento persoal e o trato próximo polo traballo cotiá, desde os comezos da devandita emisora municipal, fai xa un cuarto de século ata hoxendía. Toda unha andaina profisional acugulada de moita labor adicada á audiencia, que o fin e o cabo, é quen realmente manda.
BETI REY FERREIRA: TODA UNHA VIDA FACENDO RADIO EN GALEGO
Beti Rey é locutora de radio. Ten unha ampla experiencia profisional no eido da comunicación na radio, televisión, prensa escrita e dixital e redes sociais. Dende 1993 é locutora de radio na Radio Municipal de Tui. Participou na Televisión de Tui ao fronte do programa "Trisquel" e colaborou coa Televisión Local da Guarda na realización dalgún programa especial co gallo da celebración das Festas do Monte Santa Trega. Ao longo dos últimos vinte anos, ven colaborando en varios medios de prensa escrita e dixital. Nos últimos anos ten realizado a presentación de innumerables eventos tanto no Baixo Miño e Vigo como noutros puntos de Galicia. Dende hai máis de dez anos, forma parte do Gabinete de Comunicación do Concello de Tui e colaborou co Festival Internacional de Documentais Play-Doc. Foi responsable de prensa da Candidatura a Patrimonio da Humanidade da UNESCO do Patrimonio Inmaterial Galego Portugués promovida pola Asociación Ponte nas Ondas.
Desde Infogauda, nosos parabens a Beti Rey Ferreira, porque sen menoscabo de ninguén, súa elección como persoa a homenaxear co gallo do Día das Letras Galegas, non pudo ser máis acertada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario