22 de maio de 2018

CULTURA MARÍTIMA

A ASOCIACIÓN PIUEIRO PARTICIPOU NO FESTIVAL MARÍTIMO PASAIA, 2018


O sábado, día grande do evento, o espazo galego, foi aberto pola alcaldesa de Pasaia, xunto con Joaquín Cadilla, de Piueiro, e Xocas como directivo de CULTURMAR
Fotos: Asociación Piueiro

Informa: Asociación de Embarcacions Tradicionais Piueiro / A Guarda

 O pasado fin de semana, celebrouse en Pasaia, o Encontro de Embarcacións Tradicionais, do que o invitado de Honra era Galicia, e un dos puntos a destacar, era a invitación de tódalas embarcacións, asociacións e persoas en xeral amantes deste tipo de eventos, a que acudiran o vindeiro ano no mes de xullo do 11 o 14, a concentración que se celebrará no porto de A Guarda, despois que a asociación PIUEIRO, fose a gañadora na asembla xeral de CULTURMAR como sede para  XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia.   


 A afluencia de visitantes dende o xoves pola tarde, foi máxima, tanto de diversos lugares de Asturias, Cataluña, Cantabria, Pais Vasco, e por suposto de Galicia, pero, ademais, a chegada masiva de embarcacións de Francia, foise incrementado día a día, ao que hai engadir a cantidade de visitantes que dende distintos lugares se desplazaron para observar e incorporarse a esta festa marítima.   



 No pavillón de Galicia, se mantiveron activos durante os catro días, obradoiros de atadeiras, construcción naval tradicional, palilleiras e zoqueiros, asi como casetas de publicidade turística das catro Deputacións Provinciais, CULTURMAR e de A Guarda.  


 O sábado, día grande do evento, o espazo galego, foi aberto pola alcaldesa de Pasaia, xunto con Joaquín Cadilla, de Piueiro, e Xocas como directivo de CULTURMAR, tras un breve pero emotivo concerto de gaitas. 


 Izaskun Gómez, (alcaldesa de Pasaia), manifestou que non esperaban unha magnitude de evento como o que estaba acontecendo, sentídose desbordados, pero cheos de ledicia. Así mesmo, que esperaba poder consolidar esta festa mariñeira na súa localidade, celebrando unha cada dous ou catro anos, e nos manifestou que acudiría o XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais en A Guarda,  porque o mundo do mar, ten que recuperar as súas tradicións e a súa historia, porque os nosos pobos, sin o mar non serían nada, e seguramente non existirían.  

 As noites, estiveron cheas de concertos musicais de diversas bandas de tódolos estilos, namentras que polas mañás se escenificaban escenas mariñeiras e exhibición de múltiples bailes de grupos folclóricos tradicionais vascos.   

TRIBUNA LIBRE

¿5 años no son nada o son muchos para nada?

Beatriz Figueroa
Foto: Infogauda

Beatriz Figueroa / Vigo

  Fue un 21 de mayo del 2013. Ya han pasado 5 años desde que inicié esta denuncia pública con una huelga de hambre que mantuve durante un mes. "El SERGAS te cura, el INEM y el INSS te matan de hambre". Y hoy no estoy avergonzada de ser la "loca de la pancarta" , sino orgullosa, y también de vosotros. “Ellos (los políticos) no entienden que con un cáncer te preocupe más el pago de tus facturas que salvar tu vida. Y lo digo porque así lo he vivido”, declaro en esta imprescindible entrevista.   

 En estos nada fáciles 5 años he tenido la suerte de haberme encontrado en mi camino a personas y profesionales por los que ha merecido la pena tanto esfuerzo, decepciones y desencuentros. Ese es el caso de Toni Montserrat, uno de los enfermos que me envió una de esas miles de cartas que he recibido durante estos años, relatando una situación idéntica a la que yo denuncié pubicamente. Toni en 2015 fue diagnosticado de leucemia mieloide crónica. Aceptó la baja médica por incapacidad temporal pero acabó siendo despedido, aunque permaneció 12 meses de baja consumiendo su subsidio por desempleo. El INSS le denegó la incapacidad permanente porque “todos los informes fueron ignorados y los recursos presentados, no aceptados por el INSS. Desde hace casi un año soy un desempleado, sin derecho a subsidio de desempleo y los ingresos de la unidad familiar (mi esposa y mi hija de 12 años) son 430€ al mes."  

 Al periodista Jairo Vargas no le conozco personalmente, pero estoy convencida de que es buena persona. "Las malas personas no pueden ser periodistas" decía Ryszard Kapuscinski. Hoy quiero dar las gracias a Jairo, y a todos los periodistas que se hicieron eco de esta injusticia social, de la indefensión económica cuando padecemos y/o sobrevivimos a un cáncer porque con su trabajo " o pisan las cucarachas, sino que prenden la luz, para que la gente vea cómo las cucarachas corren a ocultarse" como decía el maestro Kapuscinski.  

 Gracias a TOD@s vosotros los firmantes que habéis hecho esta lucha visible, gracias a Toni, gracias a Jairo, gracias a todos los profesionales y medios de comunicación que han sabido transmitir nuestras dificultades, frustraciones, rabia, indignación y, por qué no, nuestra esperanza en lo que es de justicia y en lo que es nuestro derecho.  

 SEGUIMOS!!! Por Toni Montserrat, por mí, pero también por ti, por ella, por vosotros. El cáncer no entiende de ideologías, banderas, territorio, ni siglas.

 Fuente: Change.org

PONTEVEDRA

Aprobadas achegas por valor de 90.000 euros para cinco concellos da provincia 

Barro, Cuntis, Gondomar, O Grove e A Guarda recibirán preto de 90.000 euros no marco da liña 2 do Plan Concellos para afrontar gasto corrente novo e impulsar programas deportivos e culturais, así como campañas de promoción do comercio

Xunta de goberno da Deputación de Pontevedra
Foto: D. P.

Infogauda / Pontevedra

 A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar achegas por valor de 89.643,70 euros para cinco concellos da provincia no marco da liña 2 do Plan Concellos. Máis polo miúdo, os concellos que forman parte desta relación aprobada polo Goberno provincial son Barro, Cuntis, Gondomar, O Grove e A Guarda que poderán afrontar gasto corrente novo e impulsar iniciativas relacionadas coa cultura, a promoción do comercio e o deporte.  

 Carmela Silva informou que Barro beneficiarase de achegas por valor de 5.553,90 euros para gasto corrente novo. Tamén para gasto corrente novo irán destinados os 17.016,45 euros que a Deputación de Pontevedra aprobou para Cuntis e os 1.000 euros para O Grove no marco da liña 2 do Plan Concellos. Pola súa banda, e tal e como explicou a presidenta provincial, Gondomar recibirá 62.030,62 euros para a III Gala do Deporte, para a organización do Gondoverán, para o XVIII Memorial Manuel Barros e para afrontar gasto corrente novo. No caso da Guarda, o concello beneficiarase de achegas por valor de 44.042,73 euros da Deputación de Pontevedra a través das cales vai promover unha campaña de dinamización do comercio local.  

 Con esta nova relación, xa son 41 os concellos que se están a beneficiar da liña 2 do Plan Concellos, que está permitir ás vilas da provincia desenvolver proxectos culturais, sociais e deportivos así como afrontar gasto corrente novo e o pago de subministracións. Ata o momento, o Goberno provincial xa distribuíu 2.309.514,66 euros o que supón o 57,6 % da liña 2 que, este ano, ascende a preto dos catro millóns de euros.

PONTEVEDRA

MOSQUERA: “EN 2020 OS CONCELLOS DE MÁIS DE 5.000 HABITANTES TERÁN QUE COMPOSTAR OU RECOLLER OS BIORRESIDUOS DE XEITO SEPARADO POR LEI BAIXO AMEAZA DE SANCIÓN”  

O vicepresidente da Deputación explicou hoxe nunha reunión con concellos e persoal técnico os inminentes cambios na lexislación de residuos  

O nacionalista advertiu que os municipios da provincia adheridos ao Revitaliza serán dos poucos de todo o estado que poderán cumprir obxectivos  

O vicepresidente Mosquera na reunión mantida con máis de 100 representantes dos concellos adheridos ao Plan Revitaliza e persoal técnico provincial para explicar os cambios inminentes na lexislación estatal de residuos.  
Fotos: D. P.


Infogauda / Pontevedra

 “En 2020 os concellos de máis de 5.000 habitantes terán que compostar ou recoller os biorresiduos de xeito separado por lei e baixo ameaza de sanción”. Así o explicou hoxe o vicepresidente Mosquera nunha reunión mantida con máis de 100 representantes dos concellos adheridos ao Plan Revitaliza e persoal técnico provincial para explicar os cambios inminentes na lexislación estatal de residuos.   

 O vicepresidente destacou que o pasado 18 de maio o Ministerio de Medio Ambiente aprobou o último borrador do anteproxecto de lei polo que se modificará a normativa actual de residuos. Este novo texto normativo incorpora unha novidade que cambiará radicalmente a xestión do lixo, xa que o colector verde de fracción resto mesturada, tal e como se coñece agora, será eliminado: os biorresiduos (restos de comida e vexetais) terán que ser compostados ou recollidos de maneira separada.  

 Mosquera explicou que a modificación da lei fomenta os principios de autosuficiencia e proximidade para tratar os residuos o máis cerca posible da orixe poñendo como prioritarias a compostaxe individual e comunitaria e, onde non se poida, facendo unha recollida para tratamento posterior en planta. “Por algunha desas tres vías, compostaxe individual, comunitaria ou recollida en colector marrón e traslado a planta haberá que cubrir o 100% dos biorrresiduos dos concellos de máis de 5.000 habitantes antes de 2020. Iso vai ser así, si ou si, por normativa”, advertiu.  

 Os prazos marcados - moito máis esixentes que os inicialmente previstos- establecen que os concellos de máis de 5.000 habitantes estarán obrigados a seguir estas directrices con prazo máximo do 31 de decembro de 2020, e os de menos habitantes en 2023. O vicepresidente apuntou, neste sentido, que aínda que o borrador non está pechado, os obxectivos temporais non van variar moito, xa que a Unión Europea puxo como data límite o 2023 na súa directiva. “Como aquí hai experiencia de que non se cumpre un prazo queren adiantar os requirimentos. Poderá variar un ano arriba ou abaixo, pero esta obriga non ten saída”, sentenzou.  

 Mosquera destacou que a normativa pasa directamente a obrigar aos concellos a seguir a liña de xestionar os biorresiduos, unha cuestión que ata agora “estaba máis diluída” e era case un “voluntarismo”, polo que instou aos concellos a adoptar as medidas para cumprir obxectivos “coa axuda da Deputación, da Xunta ou quen corresponda, para cumprir con estes prazos que son terriblemente apretados”.  

 Neste sentido, o nacionalista lembrou que a proposta do Revitaliza, que en 2015 parecía “moi audaz e moi novidosa non era tal”, xa que toda a normativa camiñaba xa nese sentido: “todo estaba xa nas directivas europeas, nas normas estatais, no plano de residuos de Galicia do 2011, estaba todo escrito e parece que había que falar doutras cousas e mirar para outro lado. Despois veu o paquete de economía circular que tamén está trasposto na lexislación española”, subliñou, para insistir en que “o colector verde de resto e mesturado ten que desaparecer si ou si, que foi o que nós propuxemos dende o principio”.  

 Sobre as sancións que puideran chegar polo incumprimento das normativas europeas o vicepresidente destacou que o Estado xa desviou as sancións ás comunidades autónomas e algunhas destas, como Cataluña, xa as desviaron aos concellos. “No caso de Galicia hai indefinición, pero agora, co borrador da modificación da lei, que aínda non é definitivo pero se vai aprobar rápido, habería que entender que as sancións van para os concellos en case todos os lados”, finalizou.   

Se apuramos, poderemos cumprir” 

 Con este novo marco normativo, Mosquera destacou que serán poucos os concellos do Estado que poderán cumprir obxectivos, e lembrou que co Plan Revitaliza da Deputación estanse a dar facilidades aos municipios da provincia. “Aos concellos que están adheridos (36) e que levan avanzado no Plan Revitaliza probablemente lles dea tempo. Aos demais vai ser dificilísimo, case imposible –asegurou-, pero polas súas características e o que teñen avanzado, a metade deles sería bastante posible, pero serían os únicos do estado que poderían cumprir. Se cadra en Cataluña ou no País Vasco hai outros. Vai depender moito dos ritmos que lle poñan, mais se apuramos e nos aplicamos, dos que están adheridos podemos ter unha boa parte que chegarían a tempo, e incluso neste ano catro ou cinco”, dixo.   

 Na reunión técnica celebrada hoxe tamén se falou das convocatorias que están en marcha na Deputación para axudar a contratar persoal especializado, da presentación dunha guía de compostaxe individual “máis completa e actualizada que as que xa están editadas”, e da convocatoria que se aprobará a vindeira semana para crear unha bolsa de emprego de mestras e  mestres composteiros.  
Toneladas de biorresiduos tratadas 

 Finalmente, Mosquera tamén aportou datos sobre os ritmos do Plan Revitaliza: a día de hoxe trátanse 2.400 toneladas de biorresiduos por ano, o que equivale aos residuos orgánicos dunha vila de 13.000 ou 14.000 habitantes. “Se estes residuos estivesen todos xuntos, non diseminados por diferentes concellos, poderían aforrarse uns 450.000 euros ao ano en recollida e transporte”, asegurou.  De cara a final de ano as cifras multiplícanse e, tendo en conta as novas instalacións de composteiros comunitarios e individuais, a previsión é que se tratarán entre 11.000 e 12.000 toneladas, o que suporía “unha cidade duns 65.000 habitantes (o 10% da provincia) que podería aforrar ata dous millóns de euro en recollida e transporte”.   

 Pola súa banda, o asesor en materia de residuos, Carlos Pérez, aproveitou para lembrar unha vez máis os datos contrastados de toneladas de biorresiduos que se deixan de enviar a Sogama. Recoñeceu que o lixo que se envía a Sogama en toda Galicia está a aumentar nunha media do 2,8% debido á fase de recuperación económica que se está a producir, algo que tamén acontece na provincia. Sen embargo, Pérez quixo analizar polo miúdo os datos dos concellos onde se está a aplicar o Plan Revitaliza.   

 Neste sentido explicou que no concello de Pontevedra vese que a evolución dos envíos a Sogama -a pesar de que o número de composteiros é só incipiente (só 18 c comunitarios)- está equilibrando e contendo a tendencia xeral de subida. “Xa se nota sensiblemente, polo que sabemos que imos no bo camiño”, destacou, para aportar tamén os datos do concello de Vilaboa onde a proporción de composteiros instalados é maior. 


 En Vilaboa, segundo os datos contrastados de Sogama e Urbaser, no primeiro semestre de 2015 –cando aínda non estaba en marcha o Revitaliza- aumentou un 2,2% o lixo enviado a Sogama. No segundo semestre, xa co Revitaliza en activo, a baixada foi do 3,5%. No primeiro semestre de 2016, a baixada foi do 6,0% e no segundo do 4,1%. “Tendo en conta que en Vilaboa a tendencia é a subir do 2,2%, poñendo a cifra máis conservadora, e sabendo que no último ano baixamos un 6% e un 4%, podemos dicir que a baixada real e efectiva dos envíos a Sogama xa está entre o seis e o oito por cento sen temor a equivocarnos”, finalizou.  

 Na reunión técnica de hoxe estiveron presentes representantes políticos dos concellos de O Grove, Tomiño, Cambados, Valga, Pontevedra, O Rosal, Porriño, Mondariz, Mondariz Balneario, Campo Lameiro, Vilagarcía de Arousa, Vilaboa, Illa de Arousa, Ponteareas, Tui, Ribadumia, As Neves, Moaña, Silleda, Rodeiro, Caldas de Reis, Barro, Catoira, Salvaterra, Sanxenxo, Soutomaior, Bueu e Salceda de Caselas. 

PESCA

Faise eco do malestar que nos pescadores causa a entrada en vigor  desta medida   

A FREMSS PRESENTA NA DELEGACIÓN DA XUNTA/CASA DE GALICIA O MANIFESTO PARA A FLEXIBILIZACIÓN DA OBRIGACIÓN DE DESEMBARQUE DAS CAPTURAS REALIZADAS POLA FROTA DA UNIÓN EUROPEA  

O delegado da Xunta, diante dos directivos de FREMSS, dando á benvida a presentación
Foto: Casa de Galicia

Infogauda / Madrid

 A Fundación Rendemento Económico Mínimo Sostible e Social (FREMSS) presentou hoxe na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia o Manifesto para a Flexibilización da Obrigación de Desembarque das Capturas realizadas pola frota da Unión Europea, que se fai eco do malestar e inquietude que nos pescadores españois, e fundamentalmente de Galicia, como primeira potencia pesqueira de España, causa a entrada en vigor a partir do 1 de xaneiro do 2019 da obrigación de desembarque de todas as capturas que realice a frota pesqueira europea en augas comunitarias.  

 Na presentación interviñeron o delegado da Xunta, José Ramón Ónega, que dió a benvida ao acto, o presidente de Pescagalicia-Arpega-Obarco e membro da Executiva de FREMSS, Severino Ares, o xerente da Lonxa de Coruña e membro da Executiva de FREMSS, José Luís Otero, o secretario de FREMSS, Torcuato Teixeira, e o presidente de FREMSS, Juan Carlos Corrás.  

 Os pescadores din defender e compartir “a necesaria conservación dos ecosistemas mariños, mantendo ou levando ás poboacións dos seus recursos vivos a situacións de rendementos máximos sustentables” pero tamén “que o pescador debe ser considerado como parte dos devanditos ecosistemas buscando un equilibrio cos mesmos, dos extráense anualmente miles de toneladas para alimento das poboacións humanas”.  

 Afirman que “a obrigación de desembarque establecida na regulamentación comunitaria básica da Política Común de Pesca non contribúe á consecución do obxectivo do RMS (rendemento máximo sustentable) e pode poñer en perigo a sustentabilidade socioeconómica da estrutura pesqueira e o emprego neste sector produtivo e en todos as súas cadeas económicas derivadas; ademais incrementa considerablemente o traballo a bordo dos pescadores levando xornadas laborais máis prolongadas e poñendo mesmo en perigo a estabilidade dos buques obrigados a estibar nas súas adegas todas as capturas realizadas”. 

 Tamén que as frotas pesqueiras europeas son “das frotas máis sustentables a nivel mundial, pois a pesca europea apenas descarta o 10% das súas capturas, fundamentalmente capturas para as que non se dispón cota suficente para pescar, e todo iso a pesar de que na maioría destas cotas poderíase dispoñer de maior cota sen poñer en perigo a sustentabilidade dos recursos”. Para valorar comparativamente os datos dos descartes da actividade pesqueira con outras actividades económicas, sinalan que “na UE refúganse anualmente 89 millóns de toneladas de comida en bo estado, o 30% do producido”.  

 Os representantes dos pescadores sinalan que “esta norma tal como recoñece a propia Comisión de Pesca impulsouse sen certezas sobre a súa aplicación práctica, pero para a Comisión de Pesca, tal como dixo algún dos seus representantes, ´…pesou máis o interese político por resolver o tema dos descartes que desacreditaba a Política Pesqueira Común…´”. “En definitiva implementouse unha política sen valorar o seu impacto práctico na actividade pesqueira e por evitar o descrédito da PPC, un pousado estético-político da UE para contentar a unha parte da opinión pública e sobre todo ás influentes ONG medioambientalistas. Por iso é polo que estas últimas premiasen á impulsora desta política, a ex comisaria de Pesca Maria Damanaki, cun relevante posto nunha ONG medioambientalista”, sinalan, indicando que Damanaki pasará a ocupar o posto de directora xeral mundial dos océanos de The Nature Conservancy.  

 Solicitando apoios 

 A través deste Manifesto a FREMSS está a solicitar apoios políticos, como os solicitados dos grupos parlamentarios do Parlamento de Galicia e os que busca nos portavoces de Pesca dos grupos parlamentarios no Congreso dos Deputados, e apoios institucionais como o xa dado polo Consello Galego de Pesca ou a Universidade de Coruña, “para que a Comisión de Pesca flexibilice a entrada en vigor da devandita obrigación no 2019, valorando medidas de xestión pesqueira distintas ás actuais, que impidan a xeración dos descartes de pesca actuais, e tal como sinalan todos os expertos, enfóquese o problema de maneira moi local, sen tentar implementar medidas globais a problemas moi singulares dependendo de cada pesqueira e rexión pesqueira, en definitiva implementar calquera medida tendente a reducir os descartes a través de formulacións moi localizadas e con ferramentas moi específica”.  

 “O contrario é levar ao sector pesqueiro a un canellón sen saída, dado que as medidas de exencións e mínimos establecidas na regulamentación comunitaria son totalmente insuficientes para paliar os problemas e dificultades que terá o sector pesqueiro coas chamadas especies de estrangulamiento, que son especies para as que os pescadores non teñen cota de pesca, e que provocarán o estrangulamiento da súa actividade pesqueira, xa que non poderán saír a faenar, nin a capturar esa especie nin outras das que si dispoñan cota de pesca”, sosteñen.

VITICULTURA

AREEIRO ACONSELLA TRATAR AS VIÑAS CONTRA O MILDEU ANTE AS CHUVIAS INMINENTES DESTA SEMANA  

O persoal técnico destaca que hai manchas esporuladas que xerarán contaminacións novas   

Esporulacion en mancha tras 9 dias do tratamento
Fotos: Estación Fitopatolóxica de Areeiro

Infogauda / Pontevedra

 A Estación Fitopatolóxica de Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, acaba de advertir nun aviso fitosanitario extraordinario da necesidade de aplicar tratamento nas viñas contra o Mildeu ante a chegada de chuvias nos vindeiros días que poderían xerar novas contaminacións.   

Esporulacion iniciandose en mancha incipiente

 A técnica Rosa Pérez Otero explica que cando se emitiu o anterior aviso fitosanitario (venres día 18) as diferentes axencias meteorolóxicas consultadas anunciaban tempo estable, se ben na actualidade todas elas prevén precipitacións, de contía variable segundo zonas e axencias, e mesmo posibilidade de tormentas, ademais de temperaturas nocturnas suaves. Por outra banda, na fin de semana e mesmo estas últimas noites, rexistráronse condicións favorables á esporulación.  

 Con  esta situación, o persoal da EFA adiantou a súa visita a algúns dos viñedos ao día de hoxe “e estamos detectando nalgún deles manchas esporuladas que sen dúbida xerarán novas contaminacións coas choivas previstas”, unha situación que se repite noutras viñas vixiadas por outros técnicos. Así, advírtese que é aconsellable aplicar un tratamento en especial naquelas viñas nas que estea próximo a concluír o período de protección teórico da aplicación anterior.

LABORAL

O persoal de Maderas Iglesias e os alcaldes da zona únense para esixir a intervención da Xunta 

O comité de empresa e a dirección negocian o ERE extintivo presentado pola compañía do Porriño

Mobilización do persoal de Maderas Iglesias
Foto: CIG

Infogauda / O Porriño

 A representación do cadro de persoal de Maderas Iglesias, empresa con sede no Porriño dedicada á fabricación de tarima flotante que atravesa unha situación crítica, mantivo unha xuntanza cos alcaldes e alcaldesas do Porriño, Salceda, Ponteareas, Mondariz, Salvaterra, As Neves e Mos para analizar a situación da compañía ante o ERE extintivo anunciado pola dirección e reclamar de xeito conxunto a intervención urxente da Xunta.  

 Durante o encontro celebrado días atrás no salón de plenos do Concello do Porriño entre o presidente do comité de empresa, Vicente Molares, da CIG, e os rexedores/as das comarcas do Condado e da Louriña acordouse solicitar unha xuntanza coa Consellaría de Emprego, Traballo e Industria “que nos permita coñecer a situación e o alcance da solución que se propón para garantir o cumprimento dos compromisos retributivos e o mantemento da actividade mercantil e laboral”. 

 A reunión entre a representación do cadro de persoal e os responsábeis municipais das localidades que contan con maior número de traballadores/as da empresa tivo lugar despois de que Maderas Iglesias anunciase a súa intención de presentar un ERE extintivo que se aplicaría unha vez rematada a suspensión temporal de emprego, prevista para o vindeiro 5 de xuño.  

Mantemento do emprego  

 O pasado mes de outubro a dirección da compañía anunciara a súa intención de eliminar un total de 150 empregos, cifra que agora rebaixa até os 80, pero o comité de empresa entende que este número pode reducirse aínda máis.  

 Dende a federación da Construción da CIG de Vigo insisten en que continuarán a defender a continuidade de todos os postos de traballo e a viabilidade dunha empresa que chegou a ser líder estatal en fabricación de tarima flotante e unha das principais compañías do sector a nivel europeo.

A GUARDA

A XI Feira do Libro enche a Praza do Reló con libros, música e actividades lúdicas  

As librerías participantes, ledas polo resultado da xornada, venderon preto de 500 exemplares  

Centos de persoas achegáronse á feira, non só para mercar libros, senón tamén para participar nas numerosas actividades programadas como complementos á festa literaria
Fotos: C. A.G.

Sara Alonso / A Guarda

 A tradicional Feira do Libro da Guarda pechou o pasado domingo, 20 de maio, a súa undécima edición cun agradable sabor a éxito. As librerías participantes (Atlántica, Ler, Cervantes e Ideas) venderon preto de medio millar de obras -especialmente, novela e literatura infantil e xuvenil- durante a xornada, que comezou ás 11:00  e rematou pasadas ás 20:00 h. nunha Praza do Reló en constante movemento.   


 Centos de persoas achegáronse á feira, non só para mercar libros, senón tamén para participar nas numerosas actividades programadas como complementos á festa literaria. Así, pequenos/as e maiores congregáronse fronte á casa do concello para gozar dos obradoiros infantís dirixidos durante a mañá polo alumnado do curso de monitor/a de tempo libre organizado polo Concello da Guarda. Un bo número de cativos, cativas e tamén adultos animáronse a elaborar marcapáxinas, selos estampables e cadernos personalizados que levaron consigo de lembranza. 

Pequenos/as e maiores congregáronse fronte á casa do concello para gozar dos obradoiros infantís

 O grupo Low Bay Hot Band amenizou o mediodía co seu hot jazz, do que gozou o variado público, namentres xa pola tarde retornaron as actividades  familiares coa oferta de xogos de mesa de Brazolinda. Decenas de persoas ocuparon as mesas dispostas da praza para facer uso dos orixinais xogos, todos eles en galego e aptos para crianzas a partir dun ano. A actividade, inicialmente programada para ser celebrada entre as 16:30 e as 18:30 h, estendeuse ata ben entradas as 20:00 h, dado o seu grande éxito entre o público.  

O grupo Mamá Cabra e a súa música infantil tomaron a praza

 Tamén cunha excelente acollida, o grupo Mamá Cabra e a súa música infantil tomaron a praza para ofrecer un concerto ante decenas de asistentes -especialmente, cativos e cativas coas súas familias- que gozaron do espectáculo e mesmo se animaron a bailar.    

 Ao remate da xornada, realizouse o sorteo de tres lotes delibros, camisetas, obras de María Victoria Moreno e outros agasallos de Mamá Cabra e David Regueiro (de Low Bay Hot Band) entre aquelas persoas que tiñan mercado algún libro na Feira.   

Boletos premiados: 
2222 – Librería Ideas (recollido) 
2401 – Librería Cervantes (recollido) 
2281 – Librería Ideas (pendente)  

 A persoa posuidora do boleto número 2281 poderá recoller o seu agasallo no departamento de Cultura do Concello da Guarda entre as 9:00 e as 15:00 horas ao longo desta semana. 

LABORAL

O cadro de persoal de BorgWarner rebélase contra o plan de incentivos imposto pola dirección 

Os traballadores/as iniciaron protestas diante da empresa en Vigo contra a discriminación salarial

Concentración do persoal de BorgWarner Emissions Systems Spain
Foto: CIG

Infogauda / Vigo

 As seccións sindicais da CIG, USO, CGT e CCOO de BorgWarner Emissions Systems Spain, con sede na estrada de Zamáns, en Vigo, veñen de iniciar un calendario de mobilizacións contra a decisión da empresa de impoñer un plan de incentivos que afondará na discriminación salarial do cadro de persoal.     

 Segundo explican dende a representación sindical, a decisión de comezar coas protestas tomouse despois de que a compañía tomase unilateralmente a decisión de implantar o plan -denominado Bonus EIP e integrado nun programa que deseña o grupo empresarial en todas as súas fábricas en base aos indicadores e resultados do ano 2017- e comunicase a súa entrada en vigor de xeito individual e só a parte dos traballadores/as. En concreto aos técnicos/as, uns 200 empregados/as, optando por deixar fóra deste plan de incentivos aos restantes 380 operarios/as do colexio de especialistas.  

 Entenden que o problema non e o plan en si, senón o feito de que sexa implantado agora en Vigo por primeira vez dende que BorgWarner mercou a empresa en 2010 e que se faga ás costas dos representantes legais dos traballadores/as (o comité está integrado por 17 representantes e configurado por UGT, USO, CIG, CGT, CSFI e CCOO.)  

 "O proceso foi feito cunha total ausencia de transparencia, até o punto de que non informaron o comité nin antes nin despois de levar adiante un incentivo que non está recollido no convenio vixente (2016-2019)". Ademais, consideran que o feito de que só se lle aplique a unha parte do persoal "é algo insólito que amosa unha clara discriminación de oportunidades e trato entre traballadores/as, provoca desigualdades e racha coas mensaxes lanzadas dende a dirección no sentido de que todos/as somos un, de que debemos de estar todos/as unidos/as, etc". De feito, lembran que este mesmo plan de incentivos foi aplicado polo grupo en outras plantas, onde foi repartido entre todo o persoal.  

Incrementar as mobilizacións  

 Por todo isto, as catro seccións sindicais (CIG, USO, CGT e CCOO) desenvolveron asembleas informativas cos traballadores/as para informar sobre a decisión da empresa e acordaron levar a cabo nun primeiro momento concentracións diante da empresa  coincidindo coa hora do bocadillo nas quendas de mañá e tarde. As protestas comezaron o pasado 15 de maio e rexistraron unha participación masiva.  

 Mais ante a pasividade que amosada pola dirección, "que non alcanza a entender que o xeito de implantar o plan e a total ausencia de información non e aceptada polo conxunto de operarios/as", decidiron incrementar gradualmente as mobilizacións esta semana, iniciando cunha concentración onte luns diante da empresa dende as 13:00 até as 14:30 horas.