22 de maio de 2018

CULTURA MARÍTIMA

A ASOCIACIÓN PIUEIRO PARTICIPOU NO FESTIVAL MARÍTIMO PASAIA, 2018


O sábado, día grande do evento, o espazo galego, foi aberto pola alcaldesa de Pasaia, xunto con Joaquín Cadilla, de Piueiro, e Xocas como directivo de CULTURMAR
Fotos: Asociación Piueiro

Informa: Asociación de Embarcacions Tradicionais Piueiro / A Guarda

 O pasado fin de semana, celebrouse en Pasaia, o Encontro de Embarcacións Tradicionais, do que o invitado de Honra era Galicia, e un dos puntos a destacar, era a invitación de tódalas embarcacións, asociacións e persoas en xeral amantes deste tipo de eventos, a que acudiran o vindeiro ano no mes de xullo do 11 o 14, a concentración que se celebrará no porto de A Guarda, despois que a asociación PIUEIRO, fose a gañadora na asembla xeral de CULTURMAR como sede para  XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia.   


 A afluencia de visitantes dende o xoves pola tarde, foi máxima, tanto de diversos lugares de Asturias, Cataluña, Cantabria, Pais Vasco, e por suposto de Galicia, pero, ademais, a chegada masiva de embarcacións de Francia, foise incrementado día a día, ao que hai engadir a cantidade de visitantes que dende distintos lugares se desplazaron para observar e incorporarse a esta festa marítima.   



 No pavillón de Galicia, se mantiveron activos durante os catro días, obradoiros de atadeiras, construcción naval tradicional, palilleiras e zoqueiros, asi como casetas de publicidade turística das catro Deputacións Provinciais, CULTURMAR e de A Guarda.  


 O sábado, día grande do evento, o espazo galego, foi aberto pola alcaldesa de Pasaia, xunto con Joaquín Cadilla, de Piueiro, e Xocas como directivo de CULTURMAR, tras un breve pero emotivo concerto de gaitas. 


 Izaskun Gómez, (alcaldesa de Pasaia), manifestou que non esperaban unha magnitude de evento como o que estaba acontecendo, sentídose desbordados, pero cheos de ledicia. Así mesmo, que esperaba poder consolidar esta festa mariñeira na súa localidade, celebrando unha cada dous ou catro anos, e nos manifestou que acudiría o XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais en A Guarda,  porque o mundo do mar, ten que recuperar as súas tradicións e a súa historia, porque os nosos pobos, sin o mar non serían nada, e seguramente non existirían.  

 As noites, estiveron cheas de concertos musicais de diversas bandas de tódolos estilos, namentras que polas mañás se escenificaban escenas mariñeiras e exhibición de múltiples bailes de grupos folclóricos tradicionais vascos.   

Ningún comentario:

Publicar un comentario